Jarosław Kaczyński
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Jarosław Aleksander Kaczyński, nado o 18 de xuño de 1949 en Varsovia, é un actor e político polaco, que foi primeiro ministro de seu país, entre 2006 e 2007, e presidente do partido Lei e Xustiza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa vida estivo conectada sempre coa de seu irmán xemelgo Lech Kaczyński, así, a primeira vez que se deron a coñecer a nivel nacional foi cando protagonizaron a película de aventuras O dwóch takich, co ukradli księżyc (Sobre dous, que robaron a lúa) en 1962; anos despois convertéronse en destacados líderes da oposición ao comunismo desde o sindicato Solidarność de Lech Wałęsa; xa en democracia, fundaron o partido Lei e Xustiza, polo que Jarosław foi elixido parlamentario, e seu irmán, presidente (alcalde) de Varsovia.
En 2005, Lech foi elixido Presidente de Polonia, polo que Jaroslaw, quen semanas antes lograra a vitoria do seu partido nas eleccións parlamentarias, declinou o cargo de primeiro ministro, que lle correspondia. Uns meses despois, seu irmán chamouno a ocupar o cargo de Primeiro Ministro de Polonia, convertendo o seu país na primeira democracia occidental con dous irmáns ocupando as xefaturas do Estado e o goberno. En 2007, foi sucedido no cargo de primeiro ministro por Donald Tusk.
Trala tráxica morte de Lech, aínda presidente, o 10 de abril de 2010 nun accidente de aviación, Jaroslaw intentó catalizar o dolo nacional e presentouse como candidato á presidencia da República fronte a Bronisław Komorowski, que exercía como presidente en funcións. A pesar de que conseguiu pasar á segunda volta o 20 de xuño, perdeu na segunda volta, o 4 de xullo do mesmo ano. A súa consigna de campaña foi "Polonia é o máis importante"; meses despois a súa xefa de campaña Joanna Kluzik-Rostkowska abandonou o partido e adoptou esa consigna como nome para unha nova agrupación.