James C. Adamson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1946 (78 anos) Warsaw, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade de Princeton Conference Board of Canada (en) Universidade McMaster (pt) Academia Militar dos Estados Unidos (pt) Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos (pt) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, Enxeñeiro de aviación, aviador |
Empregador | NASA, astronauta Academia Militar dos Estados Unidos (pt) |
Carreira militar | |
Rango militar | coronel (pt) |
Conflito | Guerra do Vietnam |
Tempo no espazo | 13 días, 22 horas e 21 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
James Craig Adamson, nado en Warsaw, Nova York, o 3 de marzo de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-28 e STS-43.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adamson graduouse en enxeñaría e como tenente segundo da Armada pola Academia Militar de West Point en 1969 e é máster en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Princeton en 1977.[1][2]
Estivo empregado pola NASA no Centro Espacial Lyndon B. Johnson entre 1981 e 1992 traballando como piloto de probas e oficial de aerodinámica no control de misión durante a fase de probas do programa do transbordador espacial. Foi seleccionado como astronauta en 1984, participando nas misións STS-28 e STS-43 e pasando un total de 13,93 días no espazo. Retirouse da NASA en xuño de 1992, aínda que seguiu como consultor da axencia.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Adamson, James Craig 'Jim'" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (outubro de 2002). "JAMES C. ADAMSON (COLONEL, U.S. ARMY, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James C. Adamson |