Jaime Romero
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1990 (34 anos) Valdeganga, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jaime Romero Gómez, nado o 31 de xullo de 1990 en Valdeganga (Albacete), é un futbolista profesional español da canteira do Albacete Balompié que actualmente xoga como centrocampista no Córdoba Club de Fútbol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Valdeganga (Albacete), Castela-A Mancha, Jaime Romero formouse nas categoría inferiores do Albacete Balompié, principal equipo da súa provincia natal. Con tan só dezaoito anos, na campaña 2008−09, debuta co primeiro equipo naquela altura da Segunda División. Cos albaceteños xoga todos os partidos menos seis e anota tres tantos. O seu rendemento lévao a xogar coa selección española sub-19 e a asinar co Udinese Calcio da Serie A, máxima categoría do fútbol italiano, nun traspaso valorado en 1,8 millóns de euros. O seu debut co equipo de Udine produciuse o 8 de novembro de 2009 na derrota do seu equipo na casa ante a ACF Fiorentina. Nesa temporada acaba xogando tres partidos máis na máxima categoría: ante a Juventus FC, o Bologna FC 1909 e como titular ante o A.C. Siena.[1]
Na seguinte temporada é cedido a outro equipo da Serie A, o A.S. Bari de la Serie A italiana, onde disputa dez partidos de liga, cinco deles como titular. Na temporada seguinte regresa a España para xogar cedido no Granada C.F., sendo o primeiro reforzo do club no seu regreso á Primeira División. En dúas temporadas no club andaluz na máxima categoría xoga vinte e nove partidos onde anota un gol. O seu debut na máxima categoría sería o 27 de agosto de 2011 no Estadio Nuevo Los Cármenes na derrota por 0−1 do seu equipo ante o Real Betis. O seu primeiro gol en Primeira chega o 11 de abril no minuto dous no empate 2−2 na casa do seu equipo ante o Athletic Club.
En xaneiro de 2013 sae do equipo nazarí para xogar cedido no Orduspor da Süper Lig, máxima categoría do fútbol turco. Alí xoga once encontros antes do fin da temporada. Para a temporada 2013−14 é cedido ao Real Madrid Castilla, filial do Real Madrid. O 2 de xaneiro chega debutar co primeiro equipo nun amigábel en Qatar ante Paris Saint-Germain, xogando a segunda parte completa en substitución de Cristiano Ronaldo. Ao ano seguinte é cedido ao Real Zaragoza, onde é chave para que o conxunto chegue á final dos playoffs de ascendo a Primeira. Alí permanece outro ano máis até que o 4 de xullo de 2016 C.A. Osasuna de Primeira División. Tras o descenso de categoría dos navarros, o 8 de xullo de 2017 asina polo Córdoba C.F. por 500.000 euros. O 17 de xaneiro anúnciase a súa cesión ao Club Deportivo Lugo.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Albacete Balompié | Segunda | 2008−2009 | 36 | 3 |
Udinese Calcio | Serie A (1ª) | 2009−2010 | 4 | 0 |
A.S. Bari | Serie A (1ª) | 2010−2011 | 10 | 0 |
Granada C.F. | Primeira | 2011−2012 | 18 | 1 |
Granada C.F. | Primeira | 2012−2013 | 11 | 0 |
Orduspor | Süper Lig (1ª) | 2013 | 11 | 0 |
Real Madrid B | Segunda | 2013−2014 | 32 | 2 |
Real Zaragoza | Segunda | 2014−2015 | 28 | 7 |
Real Zaragoza | Segunda | 2015−2016 | 9 | 1 |
C.A. Osasuna | Primeira | 2016−2017 | 19 | 0 |
Córdoba C.F. | Segunda | 2017−2018 | 17 | 0 |
Lugo | Segunda | 2018 | 18 | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Partidos. Jaime Romero Gómez. 2009-10". BDFútbol.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
- Nados en 1990
- Nados en Valdeganga
- Futbolistas de Castela-A Mancha
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores do Udinese Calcio
- Xogadores do AS Bari
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Orduspor
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do CA Osasuna
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do CD Lugo