Illas Égadi
Isole Egadi (it) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
País | Italia | |||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | |||
Former province of Italy (en) | Provincia de Trapani | |||
Poboación | ||||
Poboación | 4.300 (2011) (114,82 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 37,45 km² | |||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Altitude | 687 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
As illas Égadi (en italiano isole Egadi) son un arquipélago formado por tres illas principais e dúas menores, dispostas a cerca de 7 km da costa occidental de Sicilia, entre Marsala e Trapani. Administrativamente costitúen o concello (comune) de Favignana, na provincia de Trapani.
Correspóndense coa Aegates insulae dos romanos, en grego antigo Aἰγάται Νῆσοι, lit. 'illas das cabras'.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Desde o punto de vista xeolóxico as illas Égadi están estreitamente vencelladas con Sicilia. O arquipélago, cunha área de 37,45 km², está formado polas illas de Favignana, Marettimo, Levanzo e outras dúas menores, apenas pouco máis que cons, denominadas Formica e Maraone.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é moi suave nos meses invernais e hai longos veráns cálidos e soleados. A temperatura mínima invernal media, nos meses de xaneiro e febreiro, é de 5 graos, mentres a máxima de xullo-agosto é de 45 graos. As precipitacións son moi escasas.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai restos de antiquísimos asentamentos humanos, principalmente en Levanzo, e en menor medida en Favignana. Suponse que a causa débese á última glaciación, que creou un paso natural entre África e Sicilia.
No ano 241 a. C. os romanos conquistaron as illas despois da batalla naval final da Primeira Guerra Púnica, na cal Gaio Lutacio Catulo desbaratou a frota cartaxinesa. Logo do afundimento do imperio romano as illas caeron en mans dos vándalos e dos godos e, posteriormente, nas dos sarracenos.
En 1081 foron ocupadas e fortificadas polos Normandos. Seguiron despois o destino de Sicilia até o século XVI, cando se tornaron propiedade dos Pallavicini-Rusconi de Xénova e máis tarde, en 1874, dos Florio, que potenciaron Favignana.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]As comidas características das Égadi comprenden pratos a base de cuscús, e especialidades ligadas á pesca, como o atún marinado, o peixe espada á grella e o lattume de atún fritido. En conserva preséntanse o atún ao aceite de oliveira, tonno all'olio d'oliva, a bottarga (sorte de caviar) e o atún en salmoira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grant, R. G. (2011-01-03). Battle at Sea: 3,000 Years of Naval Warfare (en inglés). Penguin. ISBN 978-0-7566-5701-7.