Saltar ao contido

Illa de São Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de São Miguel
(pt) São Miguel Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte dearquipélago dos Açores (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAzores Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAzores, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°48′N 25°30′O / 37.8, -25.5
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións16 (ancho) × 90 (lonxitude) km
Punto máis altoPico da Vara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.103 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie744,55 km² Editar o valor en Wikidata

São Miguel é a maior das illas Azores, e tamén a máis importante. Cunha superficie de 746,82 km², mide 90 km de leste para oeste e a súa anchura oscila entre 8 e 15 km. Conta cunha poboación de aproximadamente 157.830 habitantes (datos de 2011), repartida entre os municipios de Lagoa, Nordeste, Ponta Delgada, Povoação, Ribeira Grande e Vila Franca do Campo.

São Miguel é tamén coñecida como Illa Verde, debido ás súas grandes pradarías. Nos outeiros atópanse tamén bosques de laurisilva. A illa é o refuxio da ave Pyrrhula murina, paxaro endémico en grave perigo de extinción.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa componse dun antigo macizo no extremo leste (o Complexo de Povoação-Nordeste), e de tres estratovolcáns: Sete Cidades, Fogo e Furnas. Estes macizos volcánicos están unidos entre eles por aliñamentos recentes de conos de escouras. O estratovolcán de Sete Cidades é coñecido sobre todo pola súa gran caldeira, de 5 km de diámetro e 350 m de profundidade media. Nela atópanse dúas lagoas (Lagoa Verde ao sur e Lagoa Azul ao norte, así como numerosos volcáns de natureza traquítica.

O estratovolcán Fogo ocupa o centro da illa, cunha caldeira duns 3 km de diámetro. A última erupción de Fogo produciuse en 1653. O terceiro estratovolcán é o de Furnas, que sufriu dúas erupcións en época histórica, en 1440 e 1630. A última produciu a morte dunhas 200 persoas.

Na zona leste da illa atópase o Pico da Vara, o punto máis alto da illa con 1.103 metros de altitude. Na zona central, está a serra de Água de Pau con 940 m de altura e na zona oeste sitúase a Caldeira das Sete Cidades, a 850 m de altitude.

As súas fértiles terras producen cereais, , viño e froita, e alimentan ao gando bovino.

Crese que a illa foi descuberta entre 1426 e 1439, aínda que podería ser a sinalada en cartas portulanas de mediados do século XIV como "Illa Verde".[1]

A primeira capital da illa foi Vila Franca do Campo, que foi arrasada por un terremoto en 1522, momento en que a capitalidade foi transferida a Ponta Delgada. Ponta Delgada é unha cidade en constante desenvolvemento, onde aínda se manteñen as súas igrexas e palacios dos séculos XVI e XIX.

No contexto da crise de sucesión de 1580, aquí tiveron lugar loitas entre os partidarios de Antonio I de Portugal e os de Filipe II de España. Culminaron na batalla naval de Vila Franca, que se desenvolveu ao longo da costa sur da illa (26 de xullo de 1582), coa vitoria dos segundos. Logo da batalla, Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz de Mudela, desembarcou en Vila Franca do Campo, onde estableceu o seu cuartel xeral e onde aforcou a uns 800 prisioneiros franceses e portugueses. Foi o masacre máis brutal xamais ocorrida nos Azores.

Coa restauración da independencia portuguesa (1640), a illa recuperou a súa función de centro comercial, estreitando contactos co Brasil, a onde emigraron moitos colonos.

Moitos edificios históricos da illa datan do século XVIII, incluíndo mansións e igrexas. Mostran elaborada cachotaría, tellas e ricas esculturas delicadas, que aínda se poden gozar na actualidade. Esta expansión arquitectónica xustifícase polas ganancias da produción de laranxas para a exportación, cuxo principal mercado era Gran Bretaña.

Na primeira guerra mundial, a cidade de Ponta Delgada e as súas bisbarras foron bombardeadas por 50 obuses do "Deutschland", un submarino do Imperio alemán, clase U-155 (4 de xullo de 1917), baixo o mando do capitán Karl Meusel. A partir dese ataque, instalouse unha base naval estadounidense en Ponta Delgada, que se mantivo en funcionamento ata setembro de 1919. Neste período, uns 2.000 barcos utilizaron o porto. O fornezo a estes buques e aos miles de soldados en tránsito, preservou á economía da illa das dificultades da guerra e permitiu a formación dalgunhas pequenas fortunas.[2]

En xeral, o desenvolvemento da industria pesqueira e de transformación de produtos agrícolas axudaron a impulsar a economía da illa ata hoxe. Actualmente, São Miguel é un dos centros políticos e administrativos máis dinámicos do arquipélago e é a sede do Goberno Rexional dos Azores.

A principal festividade relixiosa dos Azores ten lugar nesta illa, concretamente na cidade de Ponta Delgada, onde se reúnen todos os anos miles de persoas. Son as festas do Senhor Santo Cristo dos Milagres, que se realizan cada ano o quinto domingo logo de Pascua.

Outra manifestación relixiosa da illa son as romarías. Ao achegarse a Semana Santa, grupos dalgunhas decenas de persoas percorren a illa a pé, durante oito días, rezando e cantando en todas as igrexas e ermidas que atopan no seu camiño.


Do mesmo xeito que outras illas do arquipélago, São Miguel está influenciado polas correntes e ventos oceánicos e, en particular, pola corrente do Golfo. Funciona como unha forza moderadora nas illas, mantendo as temperaturas entre 14 °C e 26 °C durante todo o ano. A situación da illa tamén a fai susceptible a moitas tormentas atlánticas, e a precipitación tende a ser elevada durante os períodos de inverno.

Datos climáticos para Ponta Delgada, Azores (1981–2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 20,2 20,4 22,8 22,6 24,0 25,6 28,2 28,8 28,6 26,2 25,5 22,6 28,8
Media máxima en °C 16,8 16,6 17,0 17,7 19,1 21,4 23,9 25,3 24,3 21,9 19,4 17,8 20,1
Media diaria en °C 14,5 14,1 14,5 15,1 16,4 18,6 20,9 22,1 21,4 19,2 16,9 15,4 17,43
Media mínima en °C 12,2 11,5 12,0 12,3 13,6 15,8 17,8 19,0 18,4 16,5 14,3 12,9 14,69
Temperatura mínima en °C 4,4 3,5 4,2 5,3 6,6 8,3 11,9 11,9 9,6 8,6 7,4 5,7 3,5
Chuvia media mm 96,9 84,0 87,7 76,7 72,0 39,6 26,6 46,1 91,9 108,5 108,7 146,9 985,6
Media de días con chuvia (≥ 0.1 mm) 19,7 18,4 19,5 17,5 12,2 9,3 8,9 8,1 12,5 16,5 17,9 17,7 178,2
Humidade relativa media (%) 82 82 81 79 80 80 78 79 80 80 82 83 80
Media de horas de sol mensuais 97 103 120 141 174 163 208 213 175 142 109 93 1 738
Fonte: Instituto de Meteorologia,[3] Weatherbase (some records)[4]
  1. Será descrita, posteriormente, por Gaspar Frutuoso, do mesmo modo, que sobre ela principia: "Esta Ilha de S. Miguel em que, Senhora, estamos, é montanhosa e regada de ribeiras, e era logo, quando se achou, coberta de arvoredo (…) por ser húmida com as águas das chuvas e ribeiras e quente do sol (…)." (in: Saudades da Terra)
  2. BENTO, 2003:63-65.
  3. "Normais Climatológicas – 1981–2010 (provisórias) – Ponta Delgada" (en Portuguese). Instituto de Meteorologia. Consultado o 18 de marzo de, 2013. 
  4. "Weatherbase: Historical Weather for Ponta Delgade". Consultado o 18 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]