Saltar ao contido

Illa Perejil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Perejil
(es) Isla Perejil Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoIllote
territorio disputado Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTánxer-Tétouan-Al Hoceïma, Marrocos Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°54′50″N 5°25′07″O / 35.9139, -5.4186
Bañado porMar de Alborán e Estreito de Xibraltar Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude74 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións0,4 (ancho) × 0,4 (lonxitude) km
Superficie0,15 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461723

A illa de Perejil (en árabe ليلى, Laila ou Leila; en bérber تورا ou Tura) é un illote deshabitado situado no estreito de Xibraltar, entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico, a uns 200 metros da costa continental de África e a uns 8 km ao noroeste do núcleo urbano da cidade autónoma española de Ceuta. Durante un tempo apareceu alternativamente nos mapas como punta Alemán debido a que nela enchían, supostamente, submarinos e barcos alemáns afastados das súas bases durante as dúas Guerras Mundiais.

Soberanía

[editar | editar a fonte]

Na actualidade atópase deshabitada e sen que exista ningún símbolo de soberanía por parte dos dous países que reclaman o illote como propio (España e Marrocos). España afirma que o Perejil forma parte do seu territorio, aínda que a súa situación político-administrativa é escura, posto que non é nin parte da cidade autónoma de Ceuta (o anteproxecto de estatuto de autonomía ceutí, 26 de febreiro de 1986. incluía o illote como territorio da cidade, pero tal referencia foi retirada ante as protestas de Marrocos) nin considerado praza de soberanía. Para Marrocos a súa soberanía non ofrece dúbidas xurídicas e forma parte do seu territorio nacional polo que lle disputa a súa posesión a España, o que deu lugar ao Incidente da illa Perejil 2002 (no comunicado de prensa emitido pola axencia oficial marroquí MAP, equivalente á Oficina de Información Diplomática española, o illote é descrito como situado en l´intérieur des eaux territoriais du royaume, "no interior das augas territoriais do reino"). Tras este incidente, ambos os países asinaron unha nota na que se comprometían a volver á situación anterior ao incidente, de forma que o illote sería desaloxado, sen abandonar ningún deles, con todo, as súas pretensións territoriais.

Datos xeográficos

[editar | editar a fonte]
  • Coordenadas xeográficas: latitude: 35° 54' 48,11" N, lonxitude 5° 25' 03,34" O
  • Extensión: ten uns 500 m de longo por 300 m de ancho.
  • Altitude máxima: de relevo moi accidentado, o punto máis elevado deste peñasco atópase a 74 msnm

Unha canle de media milla sepáraa do continente. A profundidade da auga aos seus pés chega a alcanzar de 20 a 30 metros. Entre a illa e a terra firme está o fondeadoiro de Perejil, que pode dar acubillo a pequenas embarcacións, e foi utilizado tanto por pescadores que en mal tempo buscaban a súa protección, como por contrabandistas, que atopaban resgardo ante a belicosidade dos habitantes próximos.

Na costa leste aparecen dúas pequenas calas, chamadas a máis setentrional do Rei e a máis meridional da Raíña. Próxima a esta cala áchanse os restos dunha torre e dun alxibe, construídos polos portugueses. A illa conta cunha cova de suficiente tamaño para albergar no seu interior a unhas 200 persoas.

Atópase deshabitada, e apenas ten algún tipo de flora ou fauna, con clima mediterráneo moi árido. Rexistra temperaturas que oscilan entre os 15 °C no inverno e os 40 °C no verán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]