Illa Meighen
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Meighen | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Territorio | Nunavut |
Arquipélago | Illas Sverdrup, Illas da Raíña Isabel, Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 79°59′N 099°30′O / 79.983, -99.500Coordenadas: 79°59′N 099°30′O / 79.983, -99.500 |
Xeografía | |
Superficie | 955 km² |
Longura máxima | 56 km. |
Largura máxima | 30 km. |
Punto máis alto | 268 m. Meighen Icecap |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa Meighen é unha illa deshabitada do arquipélago das Illas da Raíña Isabel que forman parte das Illas Árticas do Canadá, na rexión de Qikiqtaaluk de Nunavut, Canadá.
Características e historia
[editar | editar a fonte]Situado nas coordenadas 79°55′N 99°30′O / 79.917, -99.500, ten unha superficie de 955 km² e remata nunha capa de xeo. A illa está continuamente cuberta de xeo, e a súa costa noroeste fai fronte ao océano Ártico aberto.
A diferenza de moitas illas do Ártico canadense, non se atoparon rastros dos pobos Inuit ou Thule, o que suxire que a illa nunca foi habitada, probablemente debido á súa extrema latitude norte.
A primeira observación coñecida da illa foi en 1916, durante a Expedición do Ártico Canadense por Vilhjalmur Stefansson ou quizais por Frederick Cook en 1909.
Nome
[editar | editar a fonte]A illa foi bautizada máis tarde na honra de Arthur Meighen, primeiro ministro canadense 1920-21 e 1926.
Illas veciñas
[editar | editar a fonte]A illa Meighen ten poucas veciñas. A 40 km ao oeste da illa principal máis próxima, a Illa Axel Heiberg. A 4 km ao norte de Meighen, ao outro lado do Estreito de Hose, atópase a pequena illa Perley en forma de media lúa. As Illas Fay atópanse entre a Illa Meighen e a Illa Axel Heiberg dentro da canle Sverdrup.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Meighen |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Meighen Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada