Saltar ao contido

Illa Elefante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Elefante
(en) Elephant Island Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Shetland do Sur Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Shetland do Sur Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAntártida Editar o valor en Wikidata
División administrativaZona do Tratado sobre a Antártida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 61°08′S 55°07′O / -61.14, -55.12
Bañado porOcéano Antártico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude852 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións27 (ancho) × 47 (lonxitude) km
Punto máis altoMount Pendragon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (975 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie558 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Elefante é a máis setentrional das illas Shetland do Sur, arquipélago situado na Antártida. Xunto coa illa Clarence e outras illas e illotes, forma o grupo chamado illas Piloto Pardo na cartografía oficial chilena.[1]

Ten un lugar de importancia na Historia da Antártida pois en 1916 foi o refuxio da errada expedición británica transantártica e o lugar onde se levou a cabo o seu posterior rescate en pleno inverno por Luís Pardo Villalón, ao mando da escampavía Yelcho da Armada de Chile.

O único país que posúe infraestrutura na illa é Brasil, co refuxio de verán Emílio Goeldi, na costa norte.[2]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Foi nomeada por primeira vez en 1821 polo baleeiro británico George Powell, debido á presenza de elefantes mariños nas súas costas.[3][4][5]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa ten 47 km longo e 27 km de largo.[6] Atópase situada a 1.253 quilómetros ao suroeste da illas Xeorxias do Sur, a 953 km ao sur das illas Malvinas e a 885 km ao suroeste do cabo de Fornos. Entre 4´5 a 9 km ao noroeste da illa atópanse os Farallones Focas.[7]

A illa está case completamente cuberta de glaciares e ten unha elevación máxima de 852 metros no cordón Pardo. Destacan o cabo Yelcho ao noroeste, o cabo Lindsey ao oeste, o cabo Lookout ao sur, e o cabo Valentine ao leste. A punta Wild atópase na costa norte da illa. A illa é pobre en canto a flora e fauna, aínda que poden atoparse pingüíns papúa antárticos, focas e ata pingüíns barbixos aniñando.

As costas son abruptas e de difícil desembarco, o cal propiciou que non haxa ningún asentamento humano permanente, malia que a illa está moi ben situada para o soporte e o avance científico e as actividades de pesca e caza de baleas.

A illa descubríuna en 1820 o explorador británico Edward Bransfield. Durante o século XIX foi visitada por diversas expedicións, como a do baleeiro británico George Powell en 1821, o explorador Fabian Gottlieb von Bellingshausen, tamén en 1821, e o francés Jules Dumont d'Urville en 1840.

O 14 de abril de 1916 chegaron á illa os sobreviventes da expedición Expedición Imperial Trans-Antártica ao mando de sir Ernest Shackleton, logo de que o bergantín Endurance quedase atrapado no xeo e finalmente afundísese. Instalaron un refuxio ao norte da illa, en Punta Wild.

Ao ser a illa un lugar remoto, deshabitado e raramente visitado por baleeiros ou outros barcos, o 24 de abril, parte da expedición (incluído Shackleton) embarcouse para solicitar axuda nun dos botes salvavidas do Endurance, que foi bautizado James Caird.

O primeiro intento de rescate efectuouse co buque baleeiro Cielo del Sur, que non puido chegar ás costas da illa debido a unha barreira impenetrable de xeo a uns 110 quilómetros dela. O segundo intento errado contou coa colaboración do goberno do Uruguai e o barco de arrastre Instituto de Pesca Nº. 1 capitaneado por Ruperto Elichiribehety. Xa no mes de xullo, un novo intento efectuar mediante a goleta Emma, resultou novamente infrutuoso debido á barreira de xeo.

O 30 de agosto de 1916, o piloto chileno Luís Pardo Villalón, ao mando da escampavía Yelcho da Armada de Chile, logrou finalmente rescatar á tripulación do Endurance en Punta Wild.[8]

Sitio e monumento histórico

[editar | editar a fonte]
Punta Wild, lugar de rescate da infrutuosa expedición británica transantártica.

En Punta Wild atópase o Sitio conmemorativo do Endurance composto por un busto do capitán Luís Pardo Villalón, monólito e placas para recordar o rescate dos sobreviventes do buque británico Endurance polo Yelcho da Armada chilena, foi designado Sitio e Monumento Histórico da Antártida N°. 53 baixo o Tratado Antártico.[9]

Reclamacións territoriais

[editar | editar a fonte]

As tres reclamaciones están suxeitas ás disposicións do Tratado Antártico.

Nomenclatura dos países reclamantes
  1. Armada de Chile, Servicio Hidrográfico Oceanográfico (2011). Derroteros de la Costa de Chile: Territorio Antártico. Armada de Chile. 
  2. vivabrazil.com. "O Programa Antártico Brasileiro (PROANTAR)". Consultado o 21 de maio de 2015. 
  3. ecured.cu. "Isla elefante". Consultado o 21 de maio de 2015. 
  4. lareserva.com. "La sorprendente isla Elefante en la Antártida". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 21 de maio de 2015. 
  5. Stewart, John (2011). Antarctica – An Encyclopedia. McFarland & Co. ISBN 978-0-7864-3590-6. 
  6. data.antarctica.gov.au. "Isla elefante". Ingles. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 21 de maio de 2015. 
  7. SCAR Gazetteer Ref. No 12943
  8. León Wöppke, Consuelo (2015). El Piloto Luis Pardo Villalón: Visiones desde la prensa, 1916. LW Editorial. ISBN 978-956-358-920-7. 
  9. 9,0 9,1 "List of Historic Sites and Monuments approved by the ATCM (2012)" (PDF). Antarctic Treaty Secretariat. 2012. Consultado o 30 de dicembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]