Ignacio Aldecoa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1925 Vitoria, España |
Morte | 15 de novembro de 1969 (44 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e poesía |
Ocupación | escritor, poeta, novelista, escritor de contos |
Movemento | Xeración de 1950 de Literatura española |
Pseudónimo literario | Igna |
Familia | |
Cónxuxe | Josefina Aldecoa (1952–1969) |
Parentes | Adrián Aldecoa, tío |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ignacio Aldecoa Isasi, nado en Gasteiz o 24 de xullo de 1925 e finado en Madrid o 15 de novembro de 1969, foi un poeta e escritor en lingua castelá. Catro son as súas principais obras: El fulgor y la sangre (1954), Con el viento solano (1956), Gran Sol (1958) e Parte de una historia (1967).
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu en Gasteiz no seo dunha familia burguesa e nesa cidade estudou bacharelato nos marianos, para logo marchar a estudar Filosofía e Letras en Salamanca primeiro e en Madrid despois. De carácter rebelde e despreocupado, a súa vida universitaria non se caracterizou pola aplicación nos estudos. Na capital tivo a ocasión de coñecer a escritores como Rafael Sánchez Ferlosio ou Carmen Martín Gaite, con quen conformou a chamada Xeración dos 50 ou Xeración dos nenos da guerra, unidos pola literatura e pola súa activa oposición á ditadura franquista. Casou coa tamén escritora Josefina Aldecoa, fundadora do colexio de inspiración laica Estilo.
Traxectoria literaria
[editar | editar a fonte]Empezou publicando dous libros de poesía para logo centrarse na novela e nos relatos, actividades literarias polas que é máis coñecido. Pertence ao realismo social dos anos cincuenta, caracterizado pola solidariedade cos humildes e os oprimidos, a desconformidade perante a sociedade da época e as arelas de cambio. A dura vida do campo ou do mar protagonizaron varias das súas obras.
A técnica narrativa de Aldecoa é a típica do realismo social do momento. O contido das obras teñen toda a prioridade e a el fican subordinadas as técnicas escollidas; xa que logo, rexeita toda pretensión experimental ou virtuosa. Salientou pola súa capacidade para captar os máis diversos ambientes nos que se desenvolven as súas novelas e relatos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Todavía la vida (1947)
- Libro de las algas (1949)
- El fulgor y la sangre (1954). Finalista do premio Planeta.
- Vísperas del silencio (1955)
- Espera de tercera clase (1955)
- Con el viento solano (1956)
- Los pozos (1958)
- Gran Sol (1958). Premio da Crítica.
- El corazón y otros frutos amargos (1959)
- Cuaderno de Godo (1961)
- Caballo de pica (1961)
- Arqueología (1961)
- Neutral corner (1962)
- Pájaros y espantapájaros (1963)
- Los pájaros de Baden-Baden (1965)
- Parte de una historia (1967)
- Santa Olaja de Acero (1968)
- Cuentos completos (1996). Póstuma.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.