Hoe
Hoe pode aludir a varios pratos de comida crúa da cociña coreana. O saengseon hoe (생선회) é pescado ou marisco cru cortado finamente (parecido ao sashimi xaponés); o yukhoe (육회) é hoe feito con tenreira crúa e condimentado con salsa de soia, aceite de sésamo e viño de arroz; e o gan hoe (간회) é fígado de tenreira cru cunha salsa de aceite de sésamo e sal.
O hoe adoita mollarse nunha salsa picante a base de gochujang chamada chogochujang (초고추장), ssamjang (쌈장), ou salsa de wasabi, e envólvese en leituga e follas de pera coreana. Para darlle ao hoe un aspecto agradable, sérvese normalmente sobre unha masa de dangmyeon (fideos celofán) sen cociñar.
Cando a xente acaba unha comida de saengseon hoe nun restaurante, ás veces piden maeuntang (estufado de peixe picante, feito coas cabezas e a carne sobrante do pescado) con verdura variada.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Pintura de principios do século XIX, titulada Gangbyeon hoeeum (강변회음) "Comendo hoe no río"
-
Hoe variado
-
Muneohoe, hoe de polbo
-
Ggulhoe, hoe de ostras en Busán
-
Godeungeo hoe, hoe de cabala
-
Yukhoe, hoe de tenreira parecido ao filete tártaro.
-
Hoe naengmyeon, unha variedade de naengmyeon feita con hoe
-
Seongge hoe, hoe de ourizo de mar en Sokcho
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hoe |