Historia de Galicia (Vicetto)
Historia de Galicia | |
---|---|
Texto completo, en PDF, do Tomo IV. | |
Título orixinal | Historia de Galicia |
Autor/a | Benito Vicetto |
Orixe | Galicia |
Lingua | Castelá |
Tema(s) | Galicia e historia |
Xénero(s) | Historiografía |
Data de pub. | Tomo I: 1865 Tomo II: 1866 Tomo III: 1867 Tomo IV: 1871 Tomo V: 1872 Tomo VI: 1872 Tomo VII: 1873 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia de Galicia é unha colección de libros en lingua castelá (sete tomos) do historiador galego Benito Vicetto, publicada entre 1865 (Tomo I) e 1873 (Tomo VII), en Ferrol, no establecemento tipográfico de Nicasio Taxonera.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A obra narra a historia de Galicia cunha perspectiva propia do romanticismo da época, abranguendo un período temporal que vai da prehistoria até o reinado de Isabel II.
Reedicións
[editar | editar a fonte]Xa postumamente, reeditouse na imprenta de La Colonia Española de Montevideo, en dous volumes, en 1880 (v. 1) e 1882 (v. 2), o primeiro incluíndo os tomos I, II, III e IV e o segundo incluíndo os tomos V, VI e VII.[2][3]
En 1979 foi editada en facsímile por Alvarellos Editora. Tamén en 1979, foi editada, conxuntamente coa Historia de Galicia de Manuel Murguía nun total de 14 volumes, pola editorial da Gran Enciclopedia Vasca, co patrocinio da Real Academia Galega.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Historia de Galicia |