Harlem
Epónimo | Haarlem | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Cidade | Nova York | ||||
Borough | Manhattan | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 363.633 (2010) (36.269 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10,026 km² | ||||
Creación | 1653 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10026 e 10039 | ||||
Harlem é un barrio da sección norte da cidade de Nova York, no distrito de Manhattan. Dende a década de 1920, Harlem foi o centro residencial, cultural e de negocios dunha maioría afroamericana. Orixinalmente unha vila neerlandesa fundada en 1658,[1] o seu nome provén da cidade de Haarlem, nos Países Baixos. A historia de Harlem definiuse por ciclos de bonanza e crise, con significativas variacións de poboación con cada ciclo.[2]
Os residentes afroamericanos comezaron a chegar en masa en 1905, con números incrementados pola Gran Migración. Nas décadas de 1920 e 1930, Harlem Central e Occidental foron o berce do "Renacemento de Harlem", un florecemento da creación artística sen precedentes na comunidade negra. Porén, o aumento do paro na época da Gran Depresión e a desindustrialización de Nova York despois da segunda guerra mundial, incrementou os índices de criminalidade e pobreza.[3]
Coa revitalización da cidade de Nova York a finais do século XX, Harlem experimentou un proceso de xentrificación. Malia este fluxo de nova riqueza, moita poboación sobrevive das axudas sociais, cun 34,9% na zona Occidental, un 43,3% na Central, e un 46,5% na Oriental.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pierce, Carl Horton, et al. New Harlem Past and Present: the Story of an Amazing Civic Wrong, Now at Last to be Righted. New York: New Harlem Pub. Co., 1903.
- ↑ "Harlem History |". Harlemworldmag.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gill, Jonatham, Harlem: The Four Hundred Year History from Dutch Village to Capital of Black America, Grove Press, 2011