Hércules de Alicante Club de Fútbol
Hércules CF | |||
---|---|---|---|
Nome | Hércules de Alicante Club de Fútbol, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Herculanos; Branquiazuis | ||
Fundación | 1914 | ||
Estadio | José Rico Pérez, Alacant, España | ||
Inauguración | 1974 | ||
Capacidade | 30.000 | ||
Presidente | Jesús García Pitarch | ||
Adestrador | Quique Hernández | ||
Liga | 2ªB | ||
2013–14 | 22º (Segunda División) | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Comunitat Valenciana | ||
Na rede | |||
http://www.herculescf.es | |||
| |||
O Hércules de Alicante Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: Hèrcules Club de Futbol) é un club de fútbol de España, da cidade de Alacant na Comunidade Valenciana. Fundouse en 1914 e federado en 1922, e actualmente milita na Segunda División de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Posúe unha traxectoria de 19 tempadas en Primeira División, e 40 en Segunda. O seu maior logro en liga foi un 5º posto en Primeira, na tempada 1974-75, onde tras empatar a puntos co 4º clasificado, non disputou a Copa da UEFA pola diferenza de goles. En 1936 alcanzou a semifinal do Trofeo Presidente da II República, sendo ata a data o seu maior logro neste torneo.
O fundador do club inspirouse nos valores que representaba o heroe da mitoloxía grega Hércules para darlle nome ao club. O seu berro de guerra é Macho Hércules, e o seu xentilicio é herculano. O Elche Club de Fútbol é o seu rival histórico por excelencia, onde ambos os clubs manteñen dita rivalidade desde os seus inicios.
No verán do 2010, dentro dunha investigación xudicial, apareceron indicios de que o seu principal accionista, Enrique Ortiz, en conivencia co capitán, Tote, e o segundo capitán, Abraham Paz, realizou ofertas para comprar as derrotas voluntarias do Salamanca, o Córdoba, o Girona e o Recreativo. Tote tería mediado tamén no intento de pagar primas pola vitoria aos equipos que se enfrontaban aos rivais do Hércules polo ascenso a Primeira División.[1]
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas, pantalón negro e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta a franxas verticais negras e vermellos, pantalón negro e medias vermellas.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio José Rico Pérez.
O Hércules xoga os seus partidos como local no Estadio José Rico Pérez. O estadio inaugurouse en 1974 cun partido ante o FC Barcelona (0-4) e que substituíu o antigo Campo La Viña. Ten capacidade para 30.000 persoas.
Actualmente é compartido co Alicante Club de Fútbol, que paga un alugueiro ó club herculano, que é o propietario.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 20
- Tempadas en 2ª: 41
- Tempadas en 2ªB: 11
- Tempadas en 3ª: 7
- Mellor posto na liga: 5º (Primeira, tempada 74-75)
- Peor posto na liga: 21º (Primeira, tempada 96-97)
- Posto na Clasificación histórica de Primeira (segundo a LFP): 22º
- Maiores goleadas conseguidas:
- En Primeira: 6-1 fronte ó Celta de Vigo (1939-40)
- En Segunda: 9-0 fronte ó Villarrobledo (1961-62)
- Maiores goleadas encaixadas:
- En Primeira: 9-0 fronte ó Atlético de Madrid (1955-56)
- Máximo goleador da historia: Eduardo Rodríguez, con 40 goles na tempada 1992-93
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Hércules CF.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Actualizado a 7 de setembro de 2013
|
|
- Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Hércules B e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Segunda División (3): 1934–35, 1965–66, 1995–96
- Terceira División (5): 1931–32, 1932–33, 1959–60, 1968–69, 1969–70
- Subcampión de Segunda División (7): 1944–45, 1952–53, 1953–54, 1956–57, 1963–64, 1973–74, 2009–10
- Subcampión de Segunda División B (1): 2004–05
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Costa Blanca (7): 1971, 1973, 1974, 1976, 1977, 1978, 1979
- Trofeo Ciudad de Alicante (2): 1984, 1988, 2011
- Trofeo Carabela de Plata (2): 1971, 2006
- Trofeo Ciudad de San Vicente (2): 2008, 2009
- Copa San Pedro (1): 1953
- Trofeo Festa d'Elx (1): 2010
Filial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Hércules Club de Fútbol B.
O equipo filial do Hércules é o Hércules Club de Fútbol B, que xoga na Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Desde 1996, o seu maior logro foi xogar en Terceira División durante unha tempada. Foi fundado en 1996 como tal, aínda que ben é certo que o club tivo filial en anos atrás, como o Alicante CF polos anos 60, o Hércules Atlético desde 1974 ou posteriormente baixo as denominacións de Hércules Promesas, Mutxamel CF e CD Español de San Vicente respectivamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MOLTÓ, E. (05/08/2010). www.elpais.com, ed. "El 'caso Brugal' destapa el uso masivo de sobornos para ascender a Primera". Consultado o 08/08/2010.(en castelán)