Guns N' Roses
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Guns N' Roses | |
---|---|
Guns N' Roses no 2017. | |
Orixe | Os Ánxeles (California), Estados Unidos |
Período | 1985 – presente |
Xénero(s) | hard rock, heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | Geffen Records UZI Suicide |
Membros | Axl Rose Robin Finck Tommy Stinson Chris Pitman Brian "Brain" Mantia Richard Fortus Ron "Bumblefoot" Thal Frank Ferrer Dizzy Reed |
Antigos membros | Gilby Clarke Matt Sorum Tracii Guns Ole Beich Rob Gardner Buckethead Izzy Stradlin Duff McKagan Saul "Slash" Hudson Steven Adler Richard Boderball William Pacheco Jeisi Martines |
Na rede | |
www.gunsnroses.com | |
Guns N' Roses é unha banda de hard rock formada nos Ánxeles (Estados Unidos), en marzo de 1985. O grupo está formado polo cantante Axl Rose, os guitarristas Slash e Izzy Stradlin, o baixista Duff McKagan, e o batería Steven Adler. O nome deriva da combinación de dúas bandas moi importantes en Hollywood, os L.A. Guns e os Hollywood Rose. O seu primeiro concerto tivo data o 26 de marzo de 1985 no Troubador (Hollywood). Ata o momento venderon 100 millóns de copias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hollywood Rose foi a banda creada por Jeffrey Isbell (Izzy Stradlin) e William Bruce Rose Jr (Axl Rose) logo de deixar Lafayette (Indiana) e establecerse nos Ánxeles. Posteriormente transformaríase nunha das bandas máis importantes de hard rock de finais dos oitenta e inicios dos noventa: Guns N' Roses.
Trala súa formación en 1985 debutaron como banda no Troubadour Club, realizando a súa primeira xira chamada The Hell Tour por clubs de Seattle, Portland, Eugene, Sacramento e San Francisco. Non chegaron a finalizar a xira debido a unha avaría na furgoneta en que viaxaban, que os obrigou a regresar aos Ánxeles. Seguiron facendo actuacións esporádicas en locais de Hollywood e facéndose cunha certa sona. Todos vivían e ensaiaban na mesma habitación.
Os selos discográficos empezáronse a interesar por eles. O seu primeiro representante oficial foi Vicky Halmilton, a cal aloxoulles no seu apartamento, que destruíron en pouco tempo. Conseguiulles actuacións e diñeiro para un equipo decente. Houbo problemas xa que Vicky esixíalles moito máis diñeiro do que acordaran cando ela investiu no grupo, así que prescindiron dela. Un ano máis tarde puxo un preito á banda reclamando un millón de dólares.
Os anos salvaxes (1986-89)
[editar | editar a fonte]Sen representante e con ameazas legais sacan un mini LP co seu propio selo discográfico Uzi-Suicide, titulado Live Like A Suicide xa con Slash, Duff e Steven Adler na formación, obtendo un importante éxito.
En abril de 1987 Tom Zutaut, executivo da casa discográfica Geffen, escoita unha demostración e decide ficharlles para a súa compañía. Guns N' Roses asinaron o contrato o 26 de marzo con Geffen Records, o selo discográfico de David Geffen un amigo da familia de Slash. Alan Niven que traballara con Great White pasa a ser o seu novo representante.
O 16 de marzo de 1987 fan unha actuación sorprendente no Whiskey A Go-Go dos Ánxeles onde tocaron temas do disco Live!? a Like A Suicide. Despois realizan unha serie de concertos os días 19, 22 e 29 de xuño de 1987 no Marquee Club de Londres. Era a primeira vez que visitaban Europa. A xira non resultou demasiado ben.
Gravaron o seu primeiro disco de estudo Appetite for Destruction, con produción e enxeñería de Mike Clink e mesturas de Steve Thompson e Michael Barbeiro. O disco saíu á venda o 21 de xullo de 1987. O disco vendeu 25 millóns de copias, tivo tres cancións entre o top 10 ("Welcome To The Jungle", "Sweet Child O' Mine" e "Paradise City"), e alcanzou o número 1 nas listas. Appetite for Destruction é o disco debut máis vendido da historia. O nome do disco saíu dunha postal que descubriron nunha tenda. A ilustración representa a un robot que esta violando a unha moza, foi condenada por algunhas das máis importantes discográficas polo cal a portada foi retirada do mercado e substituída polo logo do grupo. A portada do mesmo, na que aparecía unha moza sentada contra un muro, en evidente aparencia de ser recentemente violada e de ir bastante pasada de narcóticos, xunto a un robot con gabardina (supoñemos que o autor da violación) e un ser con puñais por dentes sobrevoando a escena, foi censurada ás dúas semanas de poñerse o vinilo á venda, sendo substituída pola famosa cruz latina na que aparecían as caveiras dos cinco compoñentes da banda californiana. No entanto, a portada orixinal incluiríase no interior do cartafol do disco, xunto coas letras, e nas páxinas centrais do libreto na edición en CD. Hai quen di[quen?] que foi esta portada a que motivou a aparición do coñecido selo blanquinegro, cuxa lenda "Parental Advisory/Explicit Content" adorna moitos dos nosos discos; aínda que esta afirmación non está probada.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Appetite for Destruction | 1987 | Geffen Records |
G N' R Lies | 1988 | Geffen Records |
Use Your Illusion I | 1991 | Geffen Records |
Use Your Illusion II | 1991 | Geffen Records |
"The Spaghetti Incident?" | 1993 | Geffen Records |
Chinese Democracy | 2008 | Geffen Records |