Saltar ao contido

Gordon Tootoosis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGordon Tootoosis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Poundmaker Cree Nation, Canadá (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 2011 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Saskatoon, Canadá Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Participou en
1973Mariposa Folk Festival 1973 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJohn Tootoosis Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0867588 Allocine: 117784 Allmovie: p71348
Discogs: 1562393 Allmusic: mn0001230757 Editar o valor en Wikidata

Gordon Tootoosis, nado o 25 de outubro de 1941 en Saskatchewan (Canadá) e finado o 5 de xullo de 2011, foi un actor de ascendencia cree e nakoda. El era descendente de "Yellow Mud Blanket", irmán do famoso líder cree Pîhtokahanapiwiyin.[1] Foi recoñecido pola súa vontade de preservar a súa cultura e por contar as historias do seu pobo. Foi un membro fundador da Compañía de Teatro Nativa de Saskatchewan. Tootoosis foi un activista cree do traballo social e xefe da súa banda tribal.[2] Como actor, interpretou diversas personaxes en filmes e producións de televisión tanto no Canadá coma nos Estados Unidos.[2] En Open Season e Boog and Elliot's Midnight Bun Run, Tootoosis fai a voz do Sheriff Gordy.

Foi galardoado coa Orde do Canadá o 29 de outubro de 2004.[2] Na cerimonia, que tivo lugar o 9 de setembro de 2005, foi recoñecido como un modelo a imitar para os rapaces nativos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O primeiro papel de Tootoosis nun filme foi en Alien Thunder (1973), con Chief Dan George e Donald Sutherland. Gordon participou na miniserie da CBC Television By Way of the Stars con Eric Schweig como "Black Thunder" e Tantoo Cardinal como "Franoise". Esta foi rodada en Uxbridge, Ontario. Tootoosis prestou a súa voz xunto con Russell Means na produción de Disney Pocahontas (1995) e Song of Hiawatha (1997).

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Wise, Wyndham. "Gordon Tootoosis". The Canadian Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 5 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Goberno do Canadá (ed.). "Gordon Tootoosis, C.M.". Orde do Canadá. Consultado o 5 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]