Saltar ao contido

Google Ads

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Google Ads
Sitio webads.google.com/home/

Google Ads (anteriormente Google AdWords) é o método que emprega para facer publicidade patrocinada, conta con enormes cantidades de clientes con webs de todo tipo e de todas partes do mundo.

Características

[editar | editar a fonte]

É unha ferramenta rápida e sinxela de utilizar que permite adquirir anuncios de custo por clic (CPC) ou custo por impresión (CPM) correctamente orientados, independentemente de cal sexa o seu orzamento. Os anuncios de AdWords publícanse xunto cos resultados das procuras realizadas en Google, así como nos sitios de procura e de contido da crecente rede de Google.

Son anuncios que amosan de forma relevante nos resultados da busca do usuario (por exemplo: se o usuario buscou “coches”, a dereita ou arriba das páxinas indexadas por PageRank aparecerán anuncios referentes a “coches”). Google cobra ao cliente por cada clic feito sobre o seu anuncio. Ads non só aparece no buscador de Google, senón tamén nas páxinas patrocinadas por Google AdSense, se o contido de ditas webs se relaciona co da web do cliente, e en Gmail.

Ads é basicamente o corazón da facturación de Google, ofrecendo un método de publicidade intelixente para o cliente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]