Saltar ao contido

Gonóporo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cara ventral dunha femia de lumbrigante americano (Homarus americanus), membro da clase dos malacostráceos. Os gonóporos están nas bases do terceiro par de patas marchadoras, apuntando cara á cola.

O gonóporo ou gonoporo[1], ás veces chamado gonadóporo, e un poro ou orificio xenital presente na maioría dos invertebrados, especialmente nos artrópodos.[2] Os hexápodos teñen un só, a excepción dos efemerópteros, que teñen dous.[3] No caso das femiss deste grupo, os gonóporos son a abertura dos ovidutos, mentres que nos machos é un conduto exaculador.

Situación dos gonópros nos diferentes grupos

[editar | editar a fonte]

A posición do gonóporo varía considerabelmente nos diferentes grupos, pero é xeralmente constante dentro de cada grupo, o que permite que a súa posición poida ser utilizada como "marcador segmentario".

Nos insectos e os cempés, os gonóporos están cerca da cola do animal,[4] mentres que nos milpés encóntranse no terceiro segmento do corpo detrás da cabeza, cerca do segundo par de patas.[5]

Nos decápodos braquiúros as posicións dos gonóporos dos machos e as femias serve para identificar o xénero biolóxico. O do macho encóntrase na base das patas, e os das fembis no esterno.[6]

  1. Definición de Gonóporo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. gonóporo (Artrhrpoda), en Garrido, Carlos (1997).
  3. Nikita Kluge (2004). "Morphology of mayflies". The Phylogenetic System of Ephemeroptera. Springer. pp. 21–54. ISBN 978-1-4020-1974-6. 
  4. 4,0 4,1 Alessandro Minelli, Giuseppe Risco & Nigel Hughes (2003). "Tagmata and segment specification in trilobites". En Richard A. Fortey. Trilobites and their Relatives: Contributions from the Third International Conference, Oxford 2001. Issue 70 of Special Papers in Palaeontology. Wiley-Blackwell. pp. 31–43. ISBN 978-0-9017-0281-4. 
  5. Hopkin, Stephen P.; Read, Helen J. (1992). The Biology of Millipedes. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-1985-7699-4. 
  6. Gary C. B. Poore, Shane T. Ahyong (2004). "Brachyura – crabs". Marine Decapod Crustacea of Southern Australia: a Guide to Identification. CSIRO Publishing. pp. 289–515. ISBN 978-0-6430-6906-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-8789-3097-3.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]