God's Own Country
God's Own Country | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | God's Own Country |
Director | Francis Lee |
Produtor |
|
Guión | Francis Lee |
Intérpretes | |
Fotografía | Joshua James Richards |
Montaxe | Chris Wyatt |
Distribuidora | Picturehouse Entertainment |
Estrea | 23 de xaneiro de 2017 (Festival de Cinema de Sundance) 1 de setembro de 2017 (Reino Unido) |
Duración | 105 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Drama |
Orzamento | 1 millón de £ [2] |
Recadación | 2,6 millóns de $[3][4] |
Na rede | |
http://www.godsowncountryfilm.com/ | |
|
God's Own Country é un filme dramático británico de 2017 escrito e dirixido por Francis Lee no seu debut como director de longametraxes. O filme está protagonizado por Josh O'Connor e Alec Secăreanu. A trama segue a un mozo gandeiro de ovellas de Yorkshire cuxa vida se ve transformada por un traballador migrante romanés.
Trala súa estrea, a película recibiu unha ampla aclamación da crítica, que eloxiou as actuacións (especialmente a de O'Connor) e a historia, ademais de eloxiala como un comezo prometedor para Lee. Foi a única produción con sede no Reino Unido que apareceu na categoría de drama mundial no Festival de Cinema de Sundance de 2017, onde gañou o premio de dirección cinematográfica mundial.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Johnny Saxby (Josh O'Connor) vive na súa granxa familiar en Yorkshire co seu pai Martin (Ian Hart), que sufriu un ictus, e a súa avoa Deirdre (Gemma Jones). A súa vida diaria está marcada polo traballo duro cos animais, as escapadas solitarias ao bar da localidade veciña e os breves e fríos encontros sexuais con mozos descoñecidos.
A medida que se achega a tempada de partos e a saúde do patriarca diminúe, o único candidato que se postula para traballar na granxa é un traballador temporeiro romanés, Gheorghe Ionescu (Alec Secăreanu). Inicialmente conflitiva, a súa relación acaba cambiando e aparecen sentimentos novos e inesperados.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Josh O'Connor como Johnny Saxby
- Alec Secăreanu como Gheorghe Ionescu
- Gemma Jones como Deirdre Saxby
- Ian Hart como Martin Saxby
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "God's Own Country". Sundance Institute. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2017.
- ↑ Sherwin, Adam (1 de decembro de 2016). "Sundance Film Festival to premiere Yorkshire sheep farming movie". iNews. Consultado o 11 de xaneiro de 2017.
- ↑ "God's Own Country (2017)". The Numbers. Consultado o 7 de febreiro de 2020.
- ↑ "God's Own Country". IMDb. Consultado o 7 de febreiro de 2020.