Giuliana C. Tesoro
Nome orixinal | (it) Giuliana Tesoro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Giuliana Cavaglieri 1 de xuño de 1921 Venecia, Italia |
Morte | 29 de setembro de 2002 (81 anos) Dobbs Ferry, Estados Unidos de América (en) |
Educación | Universidade Yale |
Actividade | |
Ocupación | química, inventora |
Empregador | Massachusetts Institute of Technology Department of Mechanical Engineering (en) (1972–1982) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Premios | |
|
Giuliana C. Tesoro (de solteira Giuliana Cavaglieri) nada en Venecia, Italia o 1 de xuño de 1921 e finada en Dobbs Ferry, Nova York o 29 de setembro de 2002 á idade de 81 anos, foi unha química orgánica italiana con máis de 125 patentes nos Estados Unidos que fixo múltiples contribucións á industria téxtil. Unha das súas máis famosas invencións é a tea ignífuga.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cavaglieri naceu en Venecia en 1921 nunha familia xudía. En 1938, tras finalizar a educación secundaria negóuselle o acceso ao sistema universitario italiano polas leis raciais impostas polo goberno fascista. Mudouse a Suíza primeiro e en 1939 aos Estados Unidos.[3]
Nos Estados Unidos accedeu á Universidade de Yale, na cal se graduou rapidamente. En 1943, á idade de 21 anos, Cavaglieri obtivo o seu doutoramento en Química Orgánica.[4]
Traballou durante os veráns en Calico Chemical Company ata que en 1944 conseguiu un posto de traballo como investigadora química en Onyx Oil and Chemical Company. Foi ascendendo, a cabeza do departamento de sínteses orgánicas (1946), subdirectora de investigación (1955) e directora adxunta (1957). Posteriormente foi nomeada subdirectora de investigación orgánica en J.P. Stevens & Company. Trasladouse ao instituto de investigación téxtil durante dous anos. En 1969, aceptou un posto como química en Burlington Industries e foi nomeada directora do departamento de investigación química en 1971.
En 1972 aceptou un posto como profesora convidada no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde estivo a ensinar até 1976. Quedou na facultade como profesora adxunta até 1982.[5] Despois trasladouse ao Instituto Politécnico de Nova York onde estivo a investigar até 1996, cando se retirou oficialmente.[1][6]
Contribucións á química e aos téxtiles
[editar | editar a fonte]Cavaglieri fixo numerosos avances no procesamento téxtil. Tamén mellorou o rendemento téxtil para os consumidores do día a día e a eficiencia dos sistemas de fabricación mediante avances nos compostos orgánicos. Desenvolveu fibras resistentes ao lume, deseñando formas de previr a acumulación estática en fibras sintéticas.[1]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi membro de varios comités da Academia Nacional das Ciencias (National Academy of Sciences) e do Consello Nacional de Investigación (National Research Council) dos Estados Unidos
Tamén participou noutros comités entre os que se inclúen: a Organización das Fibras Téxtiles (the Fiber Society), da que foi fundadora e presidenta en 1974, a Asociación Americana de Químicos Téxtiles e Coloristas (the American Association of Textile Chemists and Colorists) e a Asociación Química Americana (the American Chemical Society).[6]
Entre os recoñecementos que lle foron outorgados atópase a Medalla Olney da Asociación Americana de Químicos Téxiltes e Coloristas en 1963 e o premio "Society of Women Engineers’ Achievement Award" en 1978.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Giuliana Tesoro". Inventor of the Week Archive. MIT. Consultado o 9 de marzo de 2013.
- ↑ "Paid Notice: Deaths TESORO, GIULIANA". New York Times. New York Times. Consultado o 9 de marzo de 2013.
- ↑ George Carpetto, "Giuliana Cavaglieri Tesoro." In Italian Americans on the Twentieth Century, ed. George Carpetto and Diane M. Evanac. Tampa, FL: Loggia Press, 1999, p.372.
- ↑ 4,0 4,1 "Women's History Month - Giuliana Tesoro". Smithtown Matters. Consultado o 9 de marzo de 2013.
- ↑ George Carpetto, "Giuliana Cavaglieri Tesoro." In Italian Americans on the Twentieth Century, ed. George Carpetto and Diane M. Evanac. Tampa, FL: Loggia Press, 1999, p.373.
- ↑ 6,0 6,1 Wayne, Tiffany K. (2011). American Women of Science Since 1900. Greenwood Publishing Group. pp. 912–913. ISBN 978-1-59884-158-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- George Carpetto, "Giuliana Cavaglieri Tesouro." In Italian Americans on the Twentieth Century, ed. George Carpetto e Diane M. Evanac. Tampa, FL: Loggia Press, 1999, pp. 372–373.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lista parcial das patentes de Tesoro (en inglés)