Georgi Babakin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1914 (Xuliano) Moscova, Rusia |
Morte | 3 de agosto de 1971 (56 anos) Moscova (Unión Soviética) |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronáutica |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación, enxeñeiro |
Empregador | Lavochkin (pt) |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бабакин Георгий Николаевич) Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Georgi Nikolaievich Babakin, nado o 14 de novembro de 1914 e finado o 3 de agosto de 1971, foi un enxeñeiro que traballou no programa espacial soviético.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Babakin finalizou os estudos na escola de especialistas en radio en 1930, comezando a súa carreira na Comisión Popular de Comunicacións. Entre 1937 e 1943 foi investigador na Academia de Economía da Comunidade e entre 1943 e 1945 traballou en varios institutos de investigación militar. En 1949 comezou a traballar en electrónica de foguetes, chegando a un posto na oficina de deseño de Lavochkin. En 1957 completou a súa educación formal no Instituto Electrotécnico de Comunicacións para Toda a Unión e en 1965 foi nomeado como xefe de deseño na oficina de Lavochkin. Desde ese posto supervisou o deseño, desenvolvemento e produción de varias sondas espaciais, como a Mars 3 (a primeira sonda en poñer un obxecto humano na superficie de Marte), Luna 16 (primeiro retorno automático de mostras lunares), Luna 20 e Venera 7 (primeira aterraxe suave na superficie de Venus). Finou o 3 de agosto de 1971, á edade de 57 anos. En 1973 a Unión Astronáutica Internacional nomeou un cráter[2] no lado oculto da Lúa co seu nome.[1][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Babakin, Georgi Nikolayevich" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2022.
- ↑ Kripkit, ed. (2022). "Cráteres De Babakin (Luna)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2022.
- ↑ New York Times, ed. (5 de agosto de 1971). "GEORGI BABAKIN, SOVIET SCIENTIST" (en inglés). p. 36. Consultado o 30 de agosto de 2022.
- ↑ persona.rin.ru, ed. (2022). "Babakin Georgy" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2022.
- ↑ GTD, ed. (18 de maio de 2010). "Las huellas soviéticas en la Luna" (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgi Babakin |