George Herbert de Carnarvon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1866 Castelo de Highclere, Reino Unido (pt) |
Morte | 5 de abril de 1923 (56 anos) O Cairo, Exipto |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Beacon Hill (en) |
Membro da Cámara dos Lords | |
valor descoñecido | |
Datos persoais | |
Educación | Eton College Trinity College |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, exiptólogo, aristócrata, fotógrafo, político, arqueólogo, necropolis scholar (en) |
Outro | |
Título | Earl of Carnarvon (en) (1890–1923) |
Cónxuxe | Almina Herbert, Countess of Carnarvon (1895–1923), morte |
Fillos | Henry Herbert, 6th Earl of Carnarvon, Evelyn Beauchamp |
Pais | Henry Howard Molyneux Herbert, 4th Earl of Carnarvon e Evelyn Stanhope |
Irmáns | Lady Winifred Herbert Lady Margaret Herbert Lady Victoria Herbert Aubrey Herbert Mervyn Herbert |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Obálky knih, |
George Edward Stanhope Molyneux Herbert, quinto conde de Carnarvon, nado en Highclere Castle (Hampshire) o 26 de xuño de 1866 e finado en O Cairo o 5 de abril de 1923, foi un aristócrata británico, famoso por ser quen financiou a escavación da tumba de Tutankhamon no Val dos Reis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia acomodada de Highclere Castle, Hampshire e era fillo único. O sei pai, Henry Herbert, cuarto conde de Carnarvon, formaba parte do partido conservador. Estudou en Eton e no Trinity College de Cambridge e sucedeu o seu pai como conde en 1890.
Carreiras de cabalos
[editar | editar a fonte]Carnarvon era extremadamente rico e posuía cabalos de carreiras e algúns dos primeiros modelos de automóbiles da historia, os cales conducía con temeridade. En 1901 sufriu un accidente de motocicleta en Alemaña que o deixou parcialmente discapacitado.
En 1902 dedicouse a criar cabalos de carreiras e en 1905 foi designado como xuíz para a carreira de cabalos de Newbury. A súa familia estivo vinculada a este hipódromo dende entón. O seu neto, sétimo conde de Carnarvon, foi xefe de equipo da raíña Isabel II dende 1969 e converteuse en íntimo amigo dela.
Exiptoloxía
[editar | editar a fonte]Lord Carnarvon era un afeccionado da exiptoloxía e, en 1907, decidiu financia-la escavación de tumbas de nobres en Deir el-Bahri (Tebas) á que se lle uniu Howard Carter como axudante de escavación. En 1914 o conde logrou a concesión para escavar no Val dos Reis, onde se atoparon tesouros como nunca se viran en toda a historia da arqueoloxía, entre eles, a tumba do famoso emperador Tutankhamon.[1]
Morte
[editar | editar a fonte]O 19 de marzo de 1923, lord Carnarvon contraeu unha infección grave causada pola picadura dun mosquito, que se agravou ao cortarse cunha navalla. Morreu o 5 de abril no Hotel Savoy Continental de O Cairo. A súa morte levantou comentarios sobre a existencia da “maldición de Tutankhamon”.[2]
Malia iso, a súa morte probablemente a causara a presenza de veleno no sangue trala picadura dun mosquito que o conde accidentalmente abriu ao afeitarse cunha navalla, provocando que a ferida se infectase con erisipela. Esta infección podería ter evolucionado a pneumonía e foi así como acabou a vida do lord inglés.
Como bo arqueológo, a súa tumba atópase nun antigo forte situado no monte dende onde se observan tódalas súas terras de Beacon Hill (Hampshire).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lord Carnarvon y Howard Carter, inspeccionando la tumba de Tutankamon (1992)" Arquivado 08 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. ABC, 9/10/2014 (en castelán).
- ↑ "La maldición de Tutankamón" La Razón, 5/9/2010 (en castelán).