Saltar ao contido

Gemini 6A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gemini 6»)
Gemini 6A
Insignia da misión Gemini 6A
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento15 de decembro de 1965, 13:37:26,471 UTC[1][2][3][4]
Foguete portadorTitan II GLV[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2]
Duración da misión1,08 días (25 horas, 51 minutos e 24 segundos)[2][6]
Obxectivo da misiónExperimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2]
Decaemento16 de decembro de 1965[1]
NSSDC ID1965-104A
Masa3546,0 kg[2][6]

Gemini 6AA foi a quinta misión tripulada do programa Gemini. A tripulación estaba formada por Walter M. Schirra e Thomas P. Stafford, sendo a tripulación de apoio Virgil I. Grissom e John W. Young.[2][6]

Desenvolvemento da misión

[editar | editar a fonte]

Gemini 6A foi a quinta misión tripulada do programa Gemini. A denominación 6A débese a que a misión orixinal foi planeada para o 25 de outubro. Ese día, coa tripulación, xa a bordo do foguete e uns quince minutos antes do lanzamento, lanzouse o GATV co que a Gemini 6 faría prácticas de manobras e cita espacial, pero o vehículo non chegou a órbita a causa dunha explosión do foguete lanzador. Sen GATV o control de terra decidiu cancelar o voo da Gemini 6.[2][6]

Gemini 6A foi programada para ser lanzada varios días despois de Gemini 7 e atopala no espazo para facer as manobras e o atraque planeados co GATV 6. Os obxectivos da misión foron probar procedementos de lanzamento e cita espacial e voo en formación con Gemini 7. Como obxectivos secundarios estaban avaliar a capacidade de manobra da cápsula durante a reentrada e levar a cabo probas nos sistemas da nave e facer catro experimentos.[2][6]

Gemini 6A foi lanzada finalmente o 12 de decembro de 1965 ás 13:37:26,471 UTC (8:37:26 EST) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 161,0 km de perixeo e 259,4 km de apoxeo, a uns 1900 km por detrás de Gemini 7. Tras catro encendidos dos motores, Gemini 6 avistou a Gemini 7 no seu radar a unha distancia de 396 km. Tras dous encendidos máis, ás 14:33 EST, Gemini 6 conseguiu voar en formación con Gemini 7 e cunha velocidade relativa nula, a unha distancia de 110 metros. As manobras posteriores incluíron o rodeo dunha nave pola outra e aproximacións e alonxamentos entre elas durante un período de 5 horas e 19 minutos, unhas tres órbitas e media. Tras as manobras as naves alonxáronse 50 km para pasar o período de sono.[2][6]

Gemini 7 vista desde o interior de Gemini 6.

Durante a órbita 15, ás 9:53:24 EST do 16 de decembro, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para iniciar a reentrada. A Gemini 6A amarou ás 10:28:50 EST no océano Atlántico, a 23,58° N e 67,83° O, a só 13 km do punto de amaraxe previsto, sendo a primeira reentrada controlada cara a un punto predeterminado e exitosa do programa espacial estadounidense. O tempo total de misión foi de 25 horas, 51 minutos e 24 segundos. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Wasp ás 11:32.[2][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GEMINI 6" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (14 de maio de 2012). "Gemini 6A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 23 de febreiro de 2013. 
  3. "Letter dated 18 February 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (66-04713). 25 de febrero de 1966: 2. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Gemini VI-A" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2013. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Gemini 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "Gemini 6" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]