Saltar ao contido

Gaston Leroux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGaston Leroux

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1868 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Niza, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière du Château (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Francia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, guionista, dramaturgo, novelista, escritor, avogado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1887 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoReportaxe Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webgaston-leroux.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0503693 Allocine: 35539 Allmovie: p217817 IBDB: 11074
BNE: XX974015 Musicbrainz: 33e0aa0e-af07-48b4-a080-233efdb47cad Discogs: 2980164 WikiTree: Leroux-2760 Find a Grave: 4415 Editar o valor en Wikidata

Gaston Leroux, nado en París en 1868 e finado en Niza en 1927, foi un escritor e xornalista francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia na rexión de Caux, volta a París para estudar dereito e faise avogado, pero exerce a profesión por pouco tempo. En 1892 entra en L'Écho de Paris, e en 1894 exerce de cronista xudicial para Le Matin, onde acada gran sona coas súas crónicas do asunto Dreyfus. Como correspondente de Le Matin viaxa por Italia, Marrocos e entre 1904 e 1906 permanece en Rusia, onde é testemuña da tentativa de revolución de 1905. En 1907 deixa o xornalismo e dedícase a escribir novelas. O misterio do cuarto amarelo (Le Mystère de la chambre jaune) publicado por entregas en 1907 en L'Illustration, a obra é unha novela de detectives, protagonizada por Joseph Rouletabille, que se converte nun grande éxito internacional, Leroux inspirouse na idea do recinto pechado que utilizara Edgar Allan Poe en Os crimes da rúa Morgue (1841).

Leroux escribiu fundamentalmente novelas de misterio, entre elas O misterio do cuarto amarelo ou Le Parfum de la dame en noir, algunhas cun forte toque humorístico como A cadeira tráxica, novelas de fantasía como L'Homme qui revient de loin e novelas de terror entre as que destacan as cinco novelas protagonizadas por Chéri-Bibi. Dende 1908 viviu na Costa Azul.

Gastón Leroux escribiu 35 novelas, 6 obras de teatro e 3 libros de reportaxes.

  1. Traducido ao galego por Xosé Sánchez Puga (Xerais, 1986).
  2. Traducido ao galego por Xoán Manuel Garrido Vilariño e Ana Luna Alonso (Xerais, 1996).