Galego exterior
Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas áreas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833, aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza e non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, malia que a Fala de Estremadura é, segundo algúns estudos,[quen?] unha póla separada do tronco galego-portugués.
Estas falas, situadas ao oriente da Galiza administrativa, tamén reciben outros nomes como galego estremeiro ou galego da faixa exterior.
Organízanse xeograficamente en:
- Terra Eo-Navia (Principado de Asturias), arredor de 40.000 persoas [Cómpre referencia]
- O Bierzo baixo (provincia de León) arredor de 30.000 a 35.000 persoas [Cómpre referencia]
- As Portelas (provincia de Zamora), arredor de 1.000 persoas [Cómpre referencia]
- Val de Xálima (provincia de Cáceres), arredor de 4.500 persoas [Cómpre referencia]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Fálame sempre, capítulo un | |
Fálame sempre, capítulo dous | |
Fálame sempre, capítulo tres |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adán Rodríguez, Rafael e Barreiro, Moisés (2006) "O Bierzo hoxe: O galego na encrucillada" Arquivado 29 de xuño de 2021 en Wayback Machine. pp. 52-61, n.º 169 Grial. ISSN 0017-4181.
- Adán Rodríguez, Rafael (2009) "A lingua galega no Bierzo hoxe" Arquivado 29 de xuño de 2021 en Wayback Machine. pp. 92-97, n.º 183 Grial. ISSN 0017-4181.
- Frías Conde, Xavier ([cando?]) "Aproximación ao galego exterior" Arquivado 02 de xullo de 2007 en Wayback Machine. Vieiros.