Saltar ao contido

Gail Goodrich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGail Goodrich

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
John H. Francis Polytechnic High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata - 1979 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Phoenix Suns
Los Angeles Lakers
Utah Jazz
1962–1965 UCLA Bruins

Gail Charles Goodrich Jr., nado nos Ánxeles (California) o 23 de abril de 1943, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que disputou catorce tempadas da NBA. É ben coñecido pola súa achega ao equipo dos Lakers da tempada 1971-72, na que bateron o récord de vitorias consecutivas, con 33, gañando o seu primeiro campionato e sendo Goodrich o seu máximo anotador.[1] En 1996, dezasete anos despois de retirarse, foi elixido para o Basketball Hall of Fame.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Xogou durante tres tempadas cos Bruins da Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA), ás ordes de John Wooden, gañando o título da NCAA dous anos consecutivos, en 1964 e 1965. Na final deste último ano anotou 42 puntos ante Michigan, o cal supuxo un récord absoluto de anotación nunha final universitaria, só superado posteriormente por Bill Walton, que anotou 44, en 1973. No total da súa carreira universitaria tivo unha media de 19,0 puntos e 4,7 rebotes por partido.[2]

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na décima posición do Draft da NBA de 1965 por Los Angeles Lakers, equipo no que se converteu no suplente de Jerry West durante tres anos. En 1968 chegou a Phoenix Suns debido ao draft de expansión desa tempada, equipo no que se converteu na estrela absoluta. Foi titular indiscutible e líder do equipo en anotación e asistencias, con máis de 20 puntos e 7 pases de canastra por partido.[3]

Regresou aos Lakers en 1970, xa como xogador imprescindible, e ao ano seguinte gañaron o primeiro anel de campión da franquía tras acabar a fase regular cun balance de 69 vitorias e 13 derrotas, e o récord de 33 partidos gañados de xeito consecutivo. Gail foi o máximo anotador do equipo, xogando á beira de estrelas do nivel de Wilt Chamberlain ou Jerry West.[4]

A tempada 1973-74 foi a de máis éxito da súa carreira. foi incluído no mellor quinteto da liga e xogou de novo un All-Star Game. Anotou máis de 2.000 puntos, cunha media de 25,3 por partido, cuarto xogador da liga en anotación, liderando a mesma en tiros libres anotados e tentados.[5] Tras seis tempadas na súa segunda etapa nos Lakers, asina un contrato millonario por tres anos cos New Orleans Jazz, onde compartiría protagonismo con Pistol Pete Maravich, pero unha inoportuna lesión no talón de Aquiles fíxolle perderse gran parte da súa primeira tempada no equipo de Luisiana. Xogou dous anos máis a un bo nivel, retirándose aos 35 anos. Nas súas 14 tempadas na NBA tivo unha media de 18,6 puntos, 4,7 asistencias e 3,2 rebotes por partido.

Vida posterior

[editar | editar a fonte]
Goodrich asinando autógrafos no 2001.

O 20 de novembro de 1996 os Lakers retiraron a súa camiseta co número 25 como homenaxe e o 18 de decembro de 2004 UCLA fixo o mesmo. Xogando en High School levaba o número 12, tamén retirado polo seu instituto. Tras a súa carreira baloncestística, Goodrich e a súa familia establecéronse en Greenwich, Connecticut, onde chegou a ser executivo dunha compañía de xestión de campos de golf. Tamén traballou como analista na canle de televisión NBA TV.

  1. "Los Angeles Lakers (1971-72)". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2007. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  2. Ficha de Goodrich
  3. "1968-69 Phoenix Suns Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  4. "1971-72 Los Angeles Lakers". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  5. "1973-74 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]