Freixo, Samos
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Freixo.
Freixo | |
---|---|
Verán, 2013. | |
Concello | Samos[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°43′10″N 7°17′33″O / 42.7194, -7.2924 |
Poboación | 22 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Silvestre de Freixo é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 37 habitantes, deles 21 eran homes e 16 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Silvestre de Freixo está construída en cachotaría de lousa, ten planta rectangular e porta principal arqueada. O campanario, de dous vans, remata nun pequeno frontón. No interior destaca o retablo de estilo renacentista e ornamentación barroca, con columnas salomónicas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Freixo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Freixo no concello de Samos (Lugo) | |
---|---|