Fotonovela
A fotonovela[1] é un xeito de narrar historias que só se diferenciada banda deseñada no material gráfico empregado, a fotografía, mediante a mesma preséntanse as imaxes dun xeito realista e cunha ampla gama de posibilidades expresivas.
O principal obxectivo da fotonovela é que as imaxes mostren unha historia. A linguaxe verbal emprégase de xeito complementario, se ben cumpre diversas funcións:
- Solucionar as deficiencias narrativas que se acusan coa sucesión de fotos.
- Expresa-las elipses espazo-temporais
- Achegar credibilidade verosimilitude e coherencia interna
Os elementos participantes da fotonovela son comúns ó cine, ó conto ou á novela:
- Temporalidade (linear, circular, flash-back ou analepse, flash-forward ou prolepse, ritmos narrativos variados)
Con todo, a narrativa en imaxe fixa diferénciase da literaria e da cinematográfica en aspectos derivados da distinta natureza de cada medio: O soporte (o papel), os formatos habituais (tira, media plana, plana, álbum), e a súa unidade de acción básica: a viñeta. As viñetas representan, resumíndonos un único instante, accións que na realidade teñen unha duración máis ou menos longa.
Os globos empréganse para o diálogo ou monólogo. A presentación do texto pode achegar expresividade figurativa e manifestar coa forma o volume das palabras, o ton das mesmas, a súa procedencia ou obxectivo. Tamén se pode dar a presenza de texto (onomatopeas) sen estar inserido en globos. Os cartuchos, úsanse para resumir secuencias narrativas de interese secundario, elipses temporais, saltos espaciais,...
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fotonovela.