Saltar ao contido

Fotolingua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fotolingua é un concurso organizado polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago para darlles visibilidade aos estabelecementos comerciais que fan uso do galego. O primeiro Fotolingua realizouse no ano 2016,[1] a súa periodicidade é anual.

Premiadas/os

[editar | editar a fonte]

2016

  • O premio do público foi para a foto realizada por Alba María Vinke Dovale da tenda Nikis na rúa do Preguntoiro.
  • O premio do xurado foi para a foto realizada por Pablo Víctor Estévez do estabelecemento Queroté na rúa de San Pedro.[2]

2017

  • O premio do público foi para a foto realizada por Óscar Curros da Libraría Chan de Pólvora na rúa de San Pedro.
  • O premio do xurado foi para a foto realizada por Silvia Cristo do Ultramarinos Algalia. Fora en primeira instancia para a foto de Sofía Aguirre da Panadaría O Cornecho da rúa Galeras, mais non o puido recibir ao non ser localizada.[3]

2018

  • O premio do público foi para a foto realizada por @orbaloooo da tenda de agasallos Mononoke na rúa de San Pedro.
  • O premio do xurado foi para a foto realizada por Ana Arceo Túñez da Lavandaría Rodela na rúa de Alejandro Pérez Lujín.
  • Destacaron a especial atención que lle dedicaron ao concurso Xaime Varela Sieiro e Rafael Rodríguez Rey.[4]
  1. Concello de Santiago de Compostela (ed.). "Aberto o prazo para participar na terceira edición do #Fotolingua". Consultado o 10 de maio de 2018. 
  2. Concello de Santiago de Compostela (ed.). "Nikis e Queroté, tendas protagonistas das imaxes gañadoras do #fotolingua". Consultado o 10 de maio de 2018. 
  3. Concello de Santiago de Compostela (ed.). "Unha panadería, unha libraría e un ultramarinos, protagonistas das imaxes gañadoras do #Fotolingua". Consultado o 10 de maio de 2018. 
  4. "O 3º certame de Santiago para visualizar nas redes o uso comercial do galego recibiu 300 imaxes". Código Cero. 12 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2018.