Saltar ao contido

FerroAtlántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FerroAtlántica S.A.

Sede da empresa
TipoSociedade Anónima
Fundación1903[1]
MatrizGrupo Villar Mir
LocalizaciónPaseo de la Castellana, 259-D Plantas 45 e 49, 28046 Madrid
Persoas claveJuan Miguel Villar Mir
IndustriaMetalurxia
ProdutosAliaxes
Na rede
http://www.gestamp.com/ e http://www.ferroatlantica.es/index.php/es/
editar datos en Wikidata ]

FerroAtlántica é unha empresa galega con sede en Madrid, no edificio Torre Espacio. A empresa é o primeiro produtor mundial de silicio metal e de ferroaliaxes co 15 % do mercado mundial. Ten 15 fábricas (6 en Francia, 5 en España, 2 en Suráfrica, unha en Venezuela e outra na China). A capacidade de produción total é de 300.000 toneladas ao ano[2].

En primeiro termo a fábrica de FerroAtlántica en Sabón.

A historia da empresa iníciase co aproveitamento eléctrico do río Xallas o 17 de outubro de 1910. O Goberno Civil da Coruña outorga unha concesión a Francisco del Campo Lacalle para un aproveitamento eléctrico no Xallas cun caudal máximo de 6.000 l/s e un salto de 19,13 m[3]. A empresa medrou mercando concesións, fábricas e canteiras. En 1992 compra a División de Ferroaleacións do Grupo Carburos Metálicos, constituíndose o 4 de decembro dese mesmo ano a sociedade FerroAtlántica, no ano 2007 constitúese o Grupo FerroAtlántica[4].

FerroAtlántica ten actualmente tres fábricas en Galiza e seis centrais hidroeléctricas: nos concellos de Cee e Dumbría (na Costa da Morte) e mais no polígono industrial de Sabón (Arteixo).

Cinco das centrais hidroeléctricas están situadas na cunca do río Xallas (Dumbría,Mazaricos, entre eles o encoro da Fervenza e o encoro de Santa Uxía) e unha na cunca do río Grande do Porto (Vimianzo). A enerxía eléctrica consómese nas fábricas do grupo vendendo o excedente.

O mineral de cuarzo obtense de canteiras propiedade do grupo como a de Serrabal entre Vedra e Boqueixón.

En 2007 a empresa abriu as comportas da presa da Fervenza deixando o río Xallas e o encoro sen auga causando a morte de milleiros de peixes. Ferroatlántica foi condenada ao pago de 305.954 euros e dous directivos a multas de 4.320 euros, segundo sentenza firme do Xulgado do Penal número seis da Coruña. O fallo condenou en novembro de 2011 á empresa de Juan Miguel Villar Mir a abonar 265.954 euros á Xunta e outros 40.000 a partes iguais entre a Federación Galega de Pesca e Salmo Club de Pesca Deportiva[5].

En 2015 a empresa anunciou a súa fusión con Globe Speciality Metals (GSM), con sede en Miami. O novo grupo será propiedade ao 57% de FerroAtlántica e o grupo estadounidense terá o outro 43%[6] pasando a chamarse Ferroglobe.

A empresa ten as certificacións ISO 9001, OSHAS 18001 e ISO 14001, todas elas do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). A empresa tamén cumpre o regulamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances).

  • Si Metal
  • SiMn
  • FeMn
  • FeMn Af
  • FeSi
  • Microsílice
  • Pasta Söderberg

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]