Felipe Ruza García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1855 Cequeril, España |
Morte | 1950 (94/95 anos) Pontevedra, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
1915 – 1917 ← Antonio Pazos Fontenla – Antonio Pazos Fontenla → | |
Gobernador civil de Cáceres | |
Gobernador civil de Badaxoz | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado, xornalista |
Felipe Ruza García, nado en Cequeril (Cuntis) en 1855[1] e finado en Pontevedra en xaneiro de 1950,[2] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Conservador, foi redactor do Diario de Pontevedra[3]. Home de confianza de José Riestra López, foi xuíz municipal de Pontevedra, deputado provincial polos distritos de Caldas (1878) e A Estrada-Lalín (1909, 1913 e 1917) e presidente da Deputación de Pontevedra (1915-1917). Foi decano do Colexio de Avogados. En agosto de 1919 foi nomeado gobernador civil de Badaxoz[4], posto no que cesou en xullo de 1920[5]; e en setembro de 1922, gobernador civil de Cáceres[6], posto no que permaneceu até decembro dese ano[7].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Viúvo e sen descendencia, o seu patrimonio pasou á súa sobriña Purificación Lorenzo Ruza, esposa de Ramón Sobrino Buhigas[8].
Predecesor: Antonio Pazos Fontenla |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1915 - 1917 |
Sucesor: Antonio Pazos Fontenla |
Obras
[editar | editar a fonte]- Notas para reformar las leyes provincial, municipal y del sufragio, 1899.
- Notas para los senadores y diputados de la región gallega, 1918.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Núñez Sobrino, Á. (2015). "Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), eximio arqueólogo". Anuario Brigantino (38): 19-34.
- ↑ La Noche, 1-2-1950, p. 2.
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1954). "Ruza García, Felipe". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 261.
- ↑ La Correspondencia de España, 2-8-1919, p. 6.
- ↑ La Correspondencia de España, 5-7-1920, p. 7.
- ↑ La Correspondencia de España, 14-9-1922, p. 6.
- ↑ Las Provincias, 14-12-1922, p. 7.
- ↑ Manso Porto, C. (2013). "Una escultura de la Virgen de la Leche y dos capiteles góticos, inéditos, de la colección del arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), legados al Museo de Pontevedra por la familia Núñez Sobrino". Anuario Brigantino (36): 317-350.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Taboada Moure, Pablo (1987). Las élites y el poder político. Elecciones provinciales en Pontevedra (1836-1923). Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 84-505-6436-0.