Fedor Smolov
Smólov | |||
---|---|---|---|
e | |||
Información persoal | |||
Nome | Fiódor Mijáilovich Smólov | ||
Nacemento | 9 de febreiro de 1990 (34 anos) | ||
Lugar de nacemento | Saratov | ||
Altura | 1.87 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Lokomotiv Moscova | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–2004 | Sokol Saratov | ||
2005–2006 | Master-Saturn Yegoryevsk | ||
2006–2007 | Saturn Ramenskoye | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2015 | Dinamo de Moscova | 68 | (3) |
2010 | → Feyenoord (cedido) | 11 | (0) |
2012–2013 | → Anzhi (cedido) | 15 | (0) |
2014 | → Anzhi (cedido) | 11 | (2) |
2014–2015 | → Ural Sverdlovsk (cedido) | 22 | (8) |
2015–2018 | Krasnodar | 104 | (64) |
2018– | Lokomotiv Moscova | 48 | (11) |
2020 | → Celta de Vigo (cedido) | 14 | (2) |
Selección nacional | |||
2006–2007 | Rusia sub-17 | 11 | (5) |
2008 | Rusia sub-19 | 5 | (3) |
2008–2013 | Rusia sub-21 | 32 | (16) |
2012– | Rusia | 39 | (14) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de xullo de 2020. Selección: actualizado a 8 de xuño de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Fedor Mikhailovich Smolov (en ruso: Фёдор Михайлович Смолов) nado o 9 de febreiro de 1990 en Saratov, é un futbolista ruso que xoga na demarcación de dianteiro. Xoga no FC Lokomotiv Moscova e na selección rusa.
Foi o artilleiro do Campionato Ruso, con 20 goles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Smolov é un graduado da academia de fútbol Master-Saturn Yegoryevsk . En 2007, uniuse ó Dinamo de Moscova. O 14 de xullo de 2010, o club anunciou que Smolov ía unirse ó Feyenoord nun acordo de préstamo dun ano.[1] Retornado da cesión, Smolov comezou na tempada 2011-2012 como xogador do primeiro equipo , pero tras 9 xornadas sen marcar foi limitado a facer substitucións. Así, foi cedido de novo , esta vez para Anzhi Makhachkala - inicialmente para toda temporada 2012-2013,[2] e despois para a segunda parte da 2013-2014.[3]
Cesión no Ural
[editar | editar a fonte]O 1 de setembro de 2014, Smolov foi ó Ural como cedido por unha tempada .[4] Dúas semanas máis tarde, na súa estrea no novo club , marcou un gol contra o Amkar Perm.[5] Xogou un papel importante na tempada, proporcionando 8 goles e 2 asistencias en 22 partidos na Liga ó Ural.
FC Krasnodar
[editar | editar a fonte]O 2 de xuño de 2015, Smolov asinou un contrato de catro anos con Krasnodar como axente libre.[6] Fixo o seu debut competitivo no seu novo club nunha vitoria fóra por 1-0 contra o Amkar Perm , no seu primeiro partido do campionato, o 20 de xullo de 2015,[7] e marcou o seu primeiro gol nun empate 3-3 contra o Slovan Bratislava na terceira pre rolda da UEFA Europa League o 6 de agosto.[8]
O 10 de abril de 2016, Smolov marcou catro goles na vitoria de 6-0 para o Krasnodar contra o seu club Ural Yekaterinburg.[9] Con 20 goles en 29 partidos , fíxose o maior artilleiro do Russian Premier League na tempada 2015-16, e é o primeiro xogador do Krasnodar que alcanzou este título.
Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]O 30 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Celta de Vigo da Primeira División.[10]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi convocado para a Selección de fútbol de Rusia, por primeira vez nun partido amigábel contra os Estados Unidos o 14 de novembro de 2012. Fixo a súa estrea e marcou o seu primeiro gol para o equipo nacional durante ese partido.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada" СМОЛОВ ОТДАН В АРЕНДУ "ФЕЙЕНООРДУ" (en Russian). FC Dynamo Moscow. 14 July 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 12 de agosto de 2016.
- ↑ Федор СМОЛОВ АРЕНДОВАН "АНЖИ" (en Russian). FC Dynamo Moscow. 10 July 2012.
- ↑ Федор Смолов - в "Анжи" (en Russian). FC Dynamo Moscow. 29 January 2014.
- ↑ ""Урал" взял в аренду Федора Смолова" (en Russian). FC Ural Yekaterinburg. 1 September 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 22 June 2016.
- ↑ "Федор Смолов забил первый гол за "Урал" в матче с "Амкаром"" (en Russian). Sverdlovsk Oblast Television. 15 September 2014. Consultado o 22 June 2016.
- ↑ "Смолов подписал контракт с "Краснодаром" на четыре года" (en Russian). Championat.com. 2 June 2015. Consultado o 22 June 2016.
- ↑ "Выстрел Петрова принес "быкам" 3 очка на старте чемпионата" (en Russian). FC Krasnodar. 20 July 2015. Consultado o 22 June 2016.
- ↑ "Смолов забил свой первый гол за "Краснодар"" (en Russian). Championat.com. 6 August 2015. Consultado o 22 June 2016.
- ↑ ""Быки" разгромили "шмелей", Смолов оформил "покер"" (en Russian). FC Krasnodar. 10 April 2016. Consultado o 22 June 2016.
- ↑ O RC Celta enriquece o seu ataque cos goles e o talento de Fedor Smolov
- ↑ "26 players in the national team" (en Russian). Russian Football Union. 6 November 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2016.