Fairey Aviation Company
Fairey Aviation Company Limited | |
---|---|
Fundación | 1915 |
Localización | Hayes, Heaton Chapel, Ringway |
Fundador | Charles Richard Fairey |
Industria | aeroespacial |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fairey Aviation Company Limited foi un construtor aeronáutico británico da primeira metade do século XX baseado en Hayes, Heaton Chapel e RAF Ringway. Destacou polo deseño de varios importantes avións militares, como a familia Fairey III, o Swordfish, o Firefly, e o Gannet, tivo unha forte presenza na subministración de avións navais, e tamén construíu bombardeiros para a Royal Air Force.
Tras a segunda guerra mundial a compañía diversificou as súas actividades e dedicouse tamén á enxeñería mecánica e á fabricación de botes. A división de fabricación de avións pasou a mans de Westland Aircraft en 1960. Tras unha serie de fusións e adquisicións, as principais empresas sucesoras da compañía son agora FBM Babcock Marine Ltd, Spectris plc, e WFEL (anteriormente Williams Fairey Engineering Limited), fabricando esta última pontes portátiles.
Aeronaves
[editar | editar a fonte]Aeronaves de Fairey
[editar | editar a fonte]- Fairey Hamble Baby (1917) - hidroavión de patrulla marítima
- Fairey F.2 (1917) - caza de tres asentos
- Fairey Campania (1917) - biplano de patrulla embarcado/recoñecemento
- Fairey III (1917) - biplano de recoñecemento
- Fairey N.9 (1917) - hidroavión experimental
- Fairey Pintail (1920) - hidroavión de caza
- Fairey Flycatcher (1922) - caza biplano
- Fairey N.4 (1923) - hidroavión de recoñecemento de longo alcance
- Fairey Fawn (1923) - bombardeiro lixeiro
- Fairey Fremantle (1924) - hidroavión de longo alcance
- Fairey Firefly I (1925) - caza biplano
- Fairey Ferret (1925) - biplano de propósito xeral bipraza
- Fairey Fox (1925) - bombardeiro biplano
- Fairey Long-range Monoplane (1928) - avión experimental
- Fairey Firefly IIM (1929) - caza biplano
- Fairey Fleetwing (1929) - biplano de recoñecemento embarcado
- Fairey Seal (1930) - observador/recoñecemento embarcado
- Fairey Hendon (1930) - bombardeiro pesado nocturno
- Fairey Gordon (1931) - biplano utilitario/bombardeiro lixeiro
- Fairey G.4/31 (1934) - biplano de propósito xeral
- Fairey S.9/30 (1934) - biplano observador de frota/recoñecemento
- Fairey Swordfish (1934) - torpedeiro biplano
- Fairey Fantôme (1935) - prototipo de caza
- Fairey Battle (1936) - bombardeiro lixeiro
- Fairey Seafox (1936) - hidroavión de recoñecemento
- Fairey P.4/34 (1937) - bombardeiro lixeiro
- Fairey Albacore (1938) - torpedeiro biplano embarcado
- Fairey FC1 - proxecto de avión de pasaxeiros de catro motores para a Especificación 15/38
- Fairey Fulmar (1940) - caza baseado en portaavións
- Fairey Barracuda (1940) - bombardeiro en picado/torpedeiro embarcado
- Fairey Firefly (1941) - caza embarcado
- Fairey Spearfish (1945) - torpedeiro/bombardeiro en picado
- Fairey FB-1 Gyrodyne (1947) - xirodino
- Fairey Primer (1948) - adestrador
- Fairey Gannet (1949) - ASW (despois AEW) embarcado
- Fairey F.D.1 (1951) - á delta experimental
- Fairey F.D.2 (1954) - á delta para establecemnto de récords
- Fairey Jet Gyrodyne (1954) - autoxiro composto
- Fairey Ultra-light Helicopter (1955)
- Fairey Rotodyne (1957) - autoxiro/helicóptero composto
- Fairey Gannet AEW.3 (1958) - AEW embarcado