Saltar ao contido

Eva Jablonka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEva Jablonka
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Polonia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Ben-Gurion do Negev (pt) Traducir
Universidade Hebrea de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Director de teseHoward Cedar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXenética e Epixenética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxenetista, profesora universitaria, bióloga, teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tel Aviv (1990–) Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoAviv Regev (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMedvik >>>:Jablonka, Eva, 1952-,
V2 archive (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webtau.ac.il… Editar o valor en Wikidata

Eva Jablonka (hebreo: חווה יבלונקה) (nada en 1952) é unha teórica da evolución e xenetista israelí, coñecida especialmente polo seu interese na herdanza epixenética. Naceu en 1952 en Polonia, e migrou a Israel en 1957. É profesora no Instituto Cohn para a Historia da Filosofía da Ciencia e as Ideas na Universidade de Tel Aviv. En 1981 recibiu o premio Landau de Israel polo salientable traballo do seu máster de Ciencias e en 1988, o premio Marcus polo seu notable traballo de doutoramento (Ph.D.).[1] É partidaria da liberdade académica, e recoñece que nesas materias, "os asuntos académicos e políticos realmente non poden manterse separados", aínda que non propón solucións simplistas, e mostra preferencia por describir a súa propia posición.[2]

Traballos sobre temas evolutivos

[editar | editar a fonte]

Jablonka publica sobre temas evolutivos, especialmente epixenética. A súa énfase nas formas non xenéticas de evolución espertou o interese dos que intentan ampliar o campo do pensamento evolutivo a outras esferas. Jablonka foi descrita como unha autora na vangarda dunha revolución en marcha dentro da bioloxía evolutiva, e é unha das propoñentes líderes da síntese evolutiva ampliada.[3][4][5]

O seu primeiro libro sobre o tema da epixenética, Epigenetic Inheritance and Evolution: the Lamarckian Dimension (1995), tiña como coautora a Marion Lamb. O seu libro Animal Traditions (2000), escribiuno xunto con Eytan Avital, e ampliou os modelos de transmisión cultural humana ao mundo animal non humano, para mostrar que a evolución cultural exerceu un importante papel na evolución doutros animais.[6] Jablonka foi de novo a coautora xunto con Lamb de Evolution in Four Dimensions (2005). Baseándose no enfoque da bioloxía evolutiva do desenvolvemento e nos descubrimentos recentes en bioloxía molecular e do comportamento, argumentan sobre a transmisión non só de xenes especificamente, senón de diversos tipos de variacións herdables transmitidas ás seguintes xeracións por calquera medio. Suxiren que tales variacións poden ocorrer a catro niveis. Primeiro, ao nivel físico establecido da xenética. Segundo, a nivel epixenético implicando variacións no "significado" de febras de ADN determinadas, nas cales variacións na tradución de ADN durante os procesos de desenvolvemento son seguidamente transmitidas durante a reprodución, o cal pode despois repercutir na modificación da propia secuencia do ADN. A terceira dimensión é especialmente interesante para Jablonka, e comprende a transmisión de tradicións de comportamentos. Hai, por exemplo, casos documentados de preferencias por alimentos que se transmiten, por aprendizaxe social, en varias especies animais, que permanecen estables de xeración en xeración mentres as condicións o permitan. A cuarta dimensión é a herdanza simbólica, que é exclusiva dos humanos, e na que as tradicións se transmiten “pola nosa capacidade da linguaxe e a cultura, as nosas representacións de como comportarse, comunicadas pola palabra e a escritura.”[7] No seu tratamento dos niveis máis altos, Jablonka e Lamb distinguen o seu enfoque das banalidades da psicoloxía evolutiva, dos "memes", e incluso das ideas de Noam Chomsky sobre unha gramática universal. Argumentan que hai constantes interaccións entre os niveis –os mecanismos epixenéticos, comportamentais e mesmo simbólicos tamén producen presións de selección sobre a herdanza baseada no ADN e poden, nalgúns casos, incluso axudar a dirixir os propios cambios no ADN– e desa maneira unha "evolución evolucionante". Para animar os seus textos, utlizan experimentos de pensamento e diálogo nos que intervén un investigador escéptico, un IM-Ifcha Mistabra, arameo, dicen, para facer "a conxectura oposta".[7]

En 2008, Jablonka e Lamb publicaron o artigo Soft inheritance: Challenging the Modern Synthesis no que afirmaban que hai evidencias de sistemas de control epixenéticos lamarckistas que causan cambios evolutivos e que os mecanismos que subxacen á hedanza epixenética poden tamén orixinar cambios saltacionais que reorganizan o epixenoma.[8]

En 2019, Jablonka e Simona Ginsburg publicaron The Evolution of the Sensitive Soul: Learning and the Origins of Consciousness. Nel, Jablonka e Ginsburg propoñen unha nova teoría sobre a orixe da consciencia, centrada na aprendizaxe. Inspiradas por metodoloxías usadas para marcar a transición desde o non vivo á vida, os autores suxiren un conxunto de criterios que marcan a transición a unha consciencia mínima: unha forma complexa de aprendizaxe asociativa, que elas denominan aprendizaxe asociativa ilimitada.

En 2022, Jablonka e Ginsburg publicaron Picturing the Mind: Consciousness through the Lens of Evolution. Neste traballo examinaron as cuestións do que é a consciencia e como evolucionou, e de quen ou que é consciente. Suxiren que a consciencia non só se encontra nos humanos, senón en animais como os polbos e as abellas, así como especulan sobre os extraterrestres e a intelixencia atificial. Tamén examinan que é o que fai ao seu humano distinto doutros animais, sexa a música, a fabricación de ferramentas, a conciencia, ou a linguaxe simbólica.[9][10]

Recepción

[editar | editar a fonte]

J. Bruce Walsh foi escéptico das afirmacións que fai Jablonka no libro Epigenetic Inheritance and Evolution en canto á importancia da herdanza epixenética en evolución.[11] Porén, R. J. Berry escribiu que o libro fixo unha forte alegación da importancia da herdanza epixenética en evolución e recomendaba o libro aos biólogos evolutivos.[12]

Jan Zima escribiu unha avaliación positiva do libro Evolution in Four Dimensions concluíndo que "o libro pode ser recomendado tanto a científicos profesionais coma a todos os estudantes interesados en ideas biolóxicas e nas maneiras actuais de pensar sobre bioloxía".[13] Stuart Newman tamén fixo unha crítica positiva do libro.[14]

Thomas Dickens e Qazi Rahman escribiron que os mecanismos epixenéticos como a metilación do ADN e a modificación de histonas son herdados xeneticamente baixo o control da selección natural, e non supoñenn un desafío para a síntese evolutiva moderna. Porén, Dickens e Rahman discreparon das afirmacións de Jablonka e Marion Lamb sobre os procesos epixenéticos lamarckistas.[4]

Publicacións seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  • Eva Jablonka and Marion J. Lamb (1995). Epigenetic Inheritance and Evolution: the Lamarckian Dimension, Oxford University Press. ISBN 0-19-854063-9, ISBN 978-0-19-854063-2, ISBN 978-0-19-854063-2
  • Eytan Avital and Eva Jablonka. (2000) Animal Traditions: Behavioural Inheritance in Evolution. Cambridge University Press. ISBN 0-521-66273-7
  • Eva Jablonka and Marion J. Lamb (2005) Evolution in Four Dimensions: Genetic, Epigenetic, Behavioral, and Symbolic Variation in the History of Life. MIT Press. ISBN 0-262-10107-6
  • Simona Ginsburg and Eva Jablonka (2019) The Evolution of the Sensitive Soul. MIT Press ISBN 9780262039307
  • Eva Jablonka and Marion J. Lamb (2020) Inheritance Systems and the Extended Synthesis. Cambridge University Press ISBN 9781108685412
  • Simona Ginsburg and Eva Jablonka (2022) Picturing the Mind: Consciousness through the Lens of Evolution. MIT Press ISBN 9780262046756

Libros en hebreo con tradución ao inglés

[editar | editar a fonte]
  • Eva Jablonka (1994) History of Heredity. Ministry of Defence Publishing House, Israel.
  • Eva Jablonka (1994–1997) Evolution: A Textbook in Evolutionary Biology for the Open University, Israel. Open University Press. 7 unidades. 700 páinas.
  1. "Eva Jablonka's Curriculum Vitae from Tel Aviv University website". Tel Aviv University. Consultado o 2023-05-22. 
  2. "Eva Jablonka's Position on Academic Freedom". Israel Academia Monitor. Consultado o 2009-10-17. 
  3. Seth Bullock, Jason Noble, Richard Watson, & Mark A. Bedau (Eds) (xuño de 2008). Proceedings of the Eleventh International Conference on the Simulation and Synthesis of Living Systems (PDF). Cambridge, Massachusetts: The MIT Press. p. vii. ISBN 978-0-262-75017-2. 
  4. 4,0 4,1 Thomas Dickens, Qazi Rahman. (2012). The extended evolutionary synthesis and the role of soft inheritance in evolution. Proceedings of the Royal Society: B biological sciences, 279 (1740). pp. 2913-2921.
  5. Laland; et al. (8 de outubro de 2014). "Does Evolutionary Theory Need a Rethink?". Nature 514 (7521): 161–164. Bibcode:2014Natur.514..161L. PMID 25297418. doi:10.1038/514161a. 
  6. Sterelny, K. (2007). Dawkins vs. Gould: Survival of the Fittest. Cambridge, U.K.: Icon Books. p. 164. ISBN 978-1-84046-780-2. . Tamén ISBN 978-1-84046-780-2
  7. 7,0 7,1 Rose, Steven (23 de xullo de 2005). "Review of Jablonka & Lamb's Evolution in Four Dimensions". The Guardian. Consultado o 2009-10-17. 
  8. Eva Jablonka, Marion J. Lamb. (2008). Soft Inheritance: Challenging the Modern Synthesis. Genetics and Molecular Biology. 31: 393.
  9. "Picturing the Mind: Consciousness through the Lens of Evolution". MIT Press. 1 de febreiro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  10. Ginsburg, Simona; Jablonka, Eva (24 de xuño de 2022). "How Did Consciousness Evolve? An Illustrated Guide". The MIT Press Reader. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  11. J. Bruce Walsh. (1996). Epigenetic Inheritance and Evolution; The Lamarckian Dimension. by Eva Jablonka; Marion J. Lamb. Evolution, Vol. 50, No. 5. pp. 2115-2118.
  12. R. J. Berry. (1996). Epigenetic Inheritance and Evolution. The Lamarckian Dimension. by E. Jablonka; M. J. Lamb. Journal of Biogeography, Vol. 23, No. 3. pp. 398-399.
  13. Jan Zima. (2006). Evolution in Four Dimensions. Genetic, Epigenetic, Behavioral and Symbolic Variation in the History of Life by E. Jablonka; M. J. Lamb. Folia Geobotanica, Vol. 41, No. 3. pp. 348-349.
  14. Stuart Newman. (2007). Evolution in Four Dimensions: Genetic, Epigenetic, Behavioral and Symbolic Variation in the History of Life by Eva Jablonka; Marion Lamb. Integrative and Comparative Biology, Vol. 47, No. 6, Integrative Biology of Pelagic Invertebrates. pp. 901-903.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]