Eurovision: Europe Shine a Light
Eurovision: Europe Shine a Light | |
---|---|
Datas | |
Final | 16 de maio de 2020 |
Anfitrión | |
Presentador(es) | Chantal Janzen Edsilia Rombley Jan Smit NikkieTutorials |
Televisión anfitrioa |
Eurovision: Europe Shine a Light, foi un programa de televisión que se emitiu en directo, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e polos entes de radiodifusión dos Países Baixos: AVROTROS, Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e Nederlandse Publieke Omroep (NPO). Este espazo foi o encargado de substituír a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020, que estaba prevista para que se celebrase na cidade de Rotterdam (Países Baixos), pero foi cancelada por mor da pandemia de COVID-19.
O evento foi emitido desde a cidade neerlandesa de Hilversum o día 16 de maio de 2020. A súa duración foi de aproximadamente dúas horas.[1][2] Ademais, foi presentado por Chantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan Smit, que xa foran elixidos anteriormente para presentar a edición do Festival de Eurovisión 2020, antes de que este fora cancelado.[3]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Pandemia de COVID-19.
Como a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020 non se ía a poder celebrar debido ao brote de enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19), a UER decidiu organizar o programa de televisión Eurovision: Europe Shine a Light como alternativa. O nome deste programa foi inspirado pola canción «Love Shine a Light» da banda anglo-estadounidense Katrina & the Waves, a cal gañou o Festival de Eurovisión 1997 (XLII edición).
Esta foi a cuarta vez que a UER organizou un programa especial no formato de Eurovisión, logo dos especiais preparados para o 25°, 50º e 60º aniversario do festival: Songs of Europe (celebrado o 22 de agosto de 1981 en Mysen, Noruega), Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest (celebrado o 22 de outubro de 2005 en Copenhague, Dinamarca) e Eurovision Song Contest's Greatest Hits (celebrado o 31 de marzo de 2015 en Londres, Reino Unido). Cabe destacar que, do mesmo xeito que este último, o especial de 2020 foi un certame non competitivo.
Formato
[editar | editar a fonte]Durante o programa, as 41 cancións que foran elixidas para participar no Festival de Eurovisión 2020 foron homenaxeadas nun formato non competitivo. Xuntos, todos os artistas interpretaron a canción "Love Shine a Light" desde os seus respectivos países de orixe.[4] Tamén foron invitados varios participantes de edicións anteriores e os fans enviaron fragmentos de vídeo cantando "What's Another Year?" de Johnny Logan, vencedor do Festival de Eurovisión 1980 na Haia.[5]
Localización
[editar | editar a fonte]O 1 de abril de 2020, Hilversum foi confirmada como cidade anfitrioa do evento, co Studio 21 en Media Park como sede do espectáculo.[1] Foi a segunda vez que Hilversum organizou un evento de Eurovisión, xa que previamente albergou o Festival de Eurovisión 1958.[6]
Contidos
[editar | editar a fonte]Actuacións
[editar | editar a fonte]O programa contou con actuacións dos seguintes artistas de Eurovisión:[7]
Mostra das cancións de 2020
[editar | editar a fonte]O programa tamén mostrou aos artistas e as cancións que previstas para o Festival de Eurovisión 2020 con breves extractos dos vídeos musicais ou representacións das cancións, xunto con mensaxes dos propios artistas sobre a situación excepcional causada pola pandemia. A orde foi a seguinte:
# | País | Intérprete(s) | Canción | |
---|---|---|---|---|
Primeiro bloque | ||||
01 | Israel | Eden Alene | «Feker Libi» | |
02 | Noruega | Ulrikke | «Attention» | |
03 | Rusia | Little Big | «Uno» | |
04 | Xeorxia | Tornike Kipiani | «Take Me As I Am» | |
05 | Francia | Tom Leeb | «Mon Alliée (The Best In Me)» | |
06 | Acerbaixán | Efendi | «Cleopatra» | |
07 | Portugal | Elisa Silva | «Medo de Sentir» | |
08 | Lituania | The Roop | «On Fire» | |
09 | Suecia | The Mamas | «Move» | |
Segundo bloque | ||||
01 | Letonia | Samanta Tīna | «Still Breathing» | |
02 | Bélxica | Hooverphonic | «Release Me» | |
03 | Reino Unido | James Newman | «My Last Breath» | |
04 | Belarús | VAL | «Da Vidna» | |
05 | Finlandia | Aksel Kankaanranta | «Looking Back» | |
06 | Macedonia do Norte | Vasil | «You» | |
07 | Suíza | Gjon's Tears | «Répondez-moi» | |
08 | Serbia | Hurricane | «Hasta La Vista» | |
Terceiro bloque | ||||
01 | España | Blas Cantó | «Universo» | |
02 | Albania | Arilena Ara | «Fall From The Sky» | |
03 | Irlanda | Lesley Roy | «Story Of My Life» | |
04 | Eslovenia | Ana Soklič | «Voda» | |
05 | Austria | Vincent Bueno | «Alive» | |
06 | Bulgaria | Victoria Georgieva | «Tears Getting Sober» | |
07 | San Marino | Senhit | «Freaky!» | |
08 | Islandia | Daði & Gagnamagnið | «Think About Things» | |
Cuarto bloque | ||||
01 | Grecia | Stefania Liberakakis | «Superg!rl» | |
02 | República Checa | Benny Cristo | «Kemama» | |
03 | Polonia | Alicja Szemplińska | «Empires» | |
04 | Moldova | Natalia Gordienko | «Prison» | |
05 | Chipre | Sandro | «Running» | |
06 | Romanía | Roxen | «Alcohol You» | |
07 | Croacia | Damir Kedžo | «Divlji vjetre» | |
08 | Alemaña | Ben Dolic | «Violent Thing» | |
Quinto bloque | ||||
01 | Malta | Destiny | «All Of My Love» | |
02 | Estonia | Uku Suviste | «What Love Is» | |
03 | Australia | Montaigne | «Don't Break Me» | |
04 | Ucraína | Go_A | «Solovey» | |
05 | Dinamarca | Ben & Tan | «Yes» | |
06 | Italia | Diodato | «Fai Rumore» | |
07 | Armenia | Athena Manoukian | «Chains On You» | |
08 | Países Baixos | Jeangu Macrooy | «Grow» |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Granger, Anthony (1 de abril de 2020). "Eurovision: Europe Shine a Light To Be Broadcast Live From Hilversum". Eurovoix (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020.
- ↑ "Eurovision: Europe Shine A Light will bring audiences together on 16 May". Eurovision.tv. 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "European Broadcasting Union Announces 'Eurovision: Europe Shine a Light'". Eurovoix (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ Muldoon, Padraig (7 de abril de 2020). "2020 Acts To Sing "Love Shine A Light" At Eurovision: Europe Shine A Light". Wiwibloggs. Consultado o 10 de abril de 2020.
- ↑ "Oproep: Eurovision sing-a-long met Johnny Logan's 'What's Another Year'". Songfestival.nl (en neerlandés). 8 de abril de 2020. Consultado o 10 de abril de 2020.
- ↑ "Hilversum 1958". Eurovision.tv.
- ↑ https://escxtra.com/2020/05/06/guests-europe-shine-a-light/