Saltar ao contido

Estrela branca da secuencia principal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sirio A, exemplo de estrela branca da secuencia principal.

En astronomía, denomínase estrela branca da secuencia principal a unha estrela de tipo espectral A e de clase de luminosidade V.

Este tipo de estrelas non debe confundirse coas ananas brancas, que son remanentes estelares de escasa masa.

Características físicas

[editar | editar a fonte]

As estrelas brancas da secuencia principal, como indica o seu nome, son estrelas situadas na secuencia principal no diagrama de Hertzsprung-Russell, o que implica que -ao igual que no Sol- a súa enerxía provén da fusión de hidróxeno en helio.

De tipo A na clasificación de Harvard, o seu espectro posúe liñas bastante intensas de hidróxeno, así como liñas de metais ionizados. A súa temperatura superficial varía entre 7100 e 9750 K e a súa masa está comprendida entre 1,5 e 3 masas solares.

Estrelas brancas da secuencia principal máis próximas

[editar | editar a fonte]

Na seguinte táboa recóllense as estrelas brancas da secuencia principal a menos de 77 anos luz da Terra.

Nome Denominación de Bayer Tipo espectral Masa
(soles)
Distancia
(anos luz)
Notas
Sirio A Alfa Canis Majoris A0-1 Vm 2,02 8,6
Altair Alfa Aquilae A7 V-IV 1,7 16,7 Subxigante?
Fomalhaut Alfa Piscis Austrini A3 V 2,3 25,1
Vega Alfa Lyrae A0 V 2,135 25,3
Denébola Beta Leonis A3 V 1,75 36,2
Cástor Aa Alfa Geminorum Aa A1 V 2,4 51,6
Cástor Ba Alfa Geminorum Ba A2-5 V 1,9 51,6
Alfa Circini A-F1 IV-Vp 1,8 53,5 Subxigante?
Duhr Delta Leonis A4 V 2,2 57,7
Iota Centauri A2 V 2,5-2,6 58,6
Sheratan A Beta Arietis A5 V ~ 2 59,6
Beta Pictoris A5 V 1,8 62,9
Zeta Leporis A2-3 V 1,9 70,2
Épsilon Serpentis A2 Vm 1,85 70,3
Heze Zeta Virginis A3 V 1,9 73,2
Alphecca Alfa Coronae Borealis A0 V 2,7 74,7
Kappa Phoenicis A7 Vn 2,9 76,7

Fonte: A stars within 100 light-years (Solstation)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]