Saltar ao contido

Baía, Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estado de Baía»)
Modelo:Xeografía políticaBaía, Brasil
Bahia (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHino da Bahia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Per ardua surgo» Editar o valor en Wikidata
EpónimoBaía de Todos-os-Santos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°S 42°O / -13, -42
EstadoBrasil Editar o valor en Wikidata
CapitalSalvador Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Abaré (pt) Traducir
Abaíra (pt) Traducir
Acajutiba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 417+
Poboación
Poboación15.203.934 (2015) Editar o valor en Wikidata (26,92 hab./km²)
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie564.692 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude838 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico do Barbado (pt) Traducir (2.033 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1889 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Órgano executivoGoverno da Bahia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador(a) da Bahia (pt) Traducir Editar o valor en WikidataJerônimo Rodrigues (pt) Traducir (2022–2025) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa da Bahia (pt) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 63) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal de Justiça do Estado da Bahia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BR-BA Editar o valor en Wikidata

Sitio webba.gov.br Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455362

Baía[1] (en portugués: Bahia, pronunciado [baˈi.ɐ]) é un estado do Brasil, situado ao sur da Rexión Nordeste. Limita ao norte con Alagoas, Sergipe, Pernambuco, Piauí, ao leste co océano Atlántico, ao sur con Minas Xerais e Espírito Santo, e ao oeste con Goiás e Tocantins. Ocupa unha área de 567.295,3 km². A capital é Salvador. As cidades máis poboadas son Salvador, Feira de Santana, Vitória da Conquista, Itabuna, Ilhéus e Juazeiro.

O navegador portugués Pedro Álvares Cabral atracou na costa sur de Bahia no que hoxe é Porto Seguro en 1500, e tomou posesión do mesmo para Portugal. O 1549 fundouse a cidade de Salvador. A cidade, xunto coa capitanía que a rodeaba foi o centro relixioso e administrativo das colonias portuguesas na América ata o ano 1763, cando a administración trasladouse a Río de Xaneiro. Os neerlandeses controlaron parte da rexión entre maio de 1624 e abril de 1625.

Baía foi a última área de dominio portugués a unirse ó Brasil independente. Por ter moitos soldados de Portugal no seu territorio, permaneceu controlada polos portugueses -liderados polo xeneral Madeira de Mello- durante case un ano, logrando vencelos no 2 de xullo de 1823. Desde entón o 2 de xullo é conmemorado como o día da independencia de Bahia.

Baía foi un centro de cultivo de azucre dende o século XVI ata o século XVIII, e moitas cidades do estado foron fundadas nesa época. Vinculado á produción do azucre está o fenómeno de Baía como gran centro de importación de escravos africanos; feito que aínda mostra a súa influencia na composición étnica da poboación local.

Coa república, proclamada en 1889, Baía tornouse un estado brasileiro.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Baía é o quinto estado do Brasil en extensión territorial. Equivale a 36,3% da área total da Rexión Nordeste e 6,64% do territorio nacional. A súa superficie total de 567.295,3 km² é un pouco máis grande que España, sendo que 68,7% dela atópanse na rexión do semiárido. O seu litoral é o máis longo do Brasil, con 1183 km de extensión, e abriga moitos tipos de ecosistemas, favorecendo a actividade turística pola súa rara beleza.

Os seus ríos principais son o río São Francisco, Paraguaçu e Jequitinhonha.

Praia de Itapuã, en Salvador.

O relevo do estado é caracterizado pola presenza de planicies, altiplanos e depresións. Uns 90% da súa superficie están por riba dos 200 m. O punto máis alto de Bahia é representado polo Pico das Almas, situado na Serra das Almas, con 1958 metros. Os altiplanos e as chapadas presentes no relevo mostran que a erosión traballou en procura de formas planas.

As áreas planas ocupan case todo o estado, presentando unha serie de niveis, por onde cruzan ríos vidos da Chapada Diamantina e da Serra do Espinhaço, que nace no centro de Minas Xerais. O planalto semiárido, localizado no sertão brasileiro, caracterízase por baixas altitudes. O relevo predominante no estado é a depresión. As planicies están situadas na rexión costeira, onde a altitude non supera os 200 metros. Alí, xorden praias, dunas, restingas e ata mangleirais. En dirección ó interior, xorden terreos con chans relativamente fértiles, onde aparecen outeiros que se estenden ata o océano.

Vexetación

[editar | editar a fonte]
Vista da Chapada Diamantina.

Hai tres tipos principais de vexetación: o bosque tropical húmido (coñecido como mata atlántica, está bastante descaracterizado, debido á ocupación do litoral. É máis abundante en reservas ao sur do estado, próximas á cidade de Porto Seguro), o cerrado (vexetación do tipo sabana ó oeste do estado) e a caatinga, sendo esta última dominante na maioría do territorio.

A caatinga ocupa todo o norte do estado, a área da depresión do vale do río São Francisco, e a Serra do Espinhaço, deixando para a sabana soamente a parte occidental, e para a selva tropical húmida o sueste do estado. No interior as estacións de seca son máis pronunciadas, excepto na rexión do val do río São Francisco.

Na Serra do Espinhaço as temperaturas son máis amenas e agradables. Os índices pluviométricos no sertão son moi reducidos, podendo non chegar aos 500 milímetros anuais. Alí son comúns longos períodos de seca.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Concellos de Baía: Salvador, Feira de Santana, Vitória da Conquista, Itabuna, Ilhéus, Juazeiro e Bom Jesus da Lapa

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do estado baséase na agricultura (cana de azucre, mandioca, feixón, millo, cacao e coco); na industria (química, petroquímica, automóbil e as súas pezas); e na minería. Hai un importante parque industrial na rexión metropolitana de Salvador (área coñecida como Recôncavo Baiano por estar xunto á Baía de Todos os Santos), no que destaca o polo petroquímico de Camaçari e a fábrica da Ford na mesma cidade.

Arraial d'Ajuda, poboado turístico.

O turismo tamén é moi importante nas cidades de Salvador (coas súas construcións históricas, praias, e o seu famoso Carnaval), Ilhéus, Itaparica, Morro de São Paulo, e Porto Seguro e outras do seu litoral sur. Xa o litoral ó norte de Salvador ata a divisa co estado de Sergipe transformouse recentemente en destino turístico importante, coa construción de complexos hoteleiros na Costa do Sauípe.

A rexión da Chapada Diamantina ten vocación para o ecoturismo. Xa posúe aeroporto, aceso por estradas e boa rede hoteleira.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para baiano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]