Saltar ao contido

Es Migjorn Gran

Modelo:Xeografía políticaEs Migjorn Gran
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°56′43″N 4°02′56″L / 39.945277777778, 4.0488888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
Provincia históricaprovincia de Baleares
IllaMenorca Editar o valor en Wikidata
CapitalEs Migjorn Gran (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.563 (2023) Editar o valor en Wikidata (48,84 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie32 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude115 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónCristovo de Licia Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAntonia Camps Florit (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal07749 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE07902 Editar o valor en Wikidata

Sitio webajmigjorngran.org Editar o valor en Wikidata

Es Migjorn Gran é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 31,2 km² onde no ano 2020 vivían 1 463 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localización

[editar | editar a fonte]

O concello limita ao oeste con Ferreries; ao norte con Es Mercadal; ao leste con Alaior; e ao sur ten saída ao mar Mediterráneo.

Noroeste: Ferreries Norte: Ferreries e Es Mercadal Nordés: Es Mercadal
Oeste: Ferreries Leste: Alaior
Suroeste: mar Mediterráneo Sur: mar Mediterráneo Sueste: mar Mediterráneo

Es Migjorn Gran conta con sete praias, a meirande parte de area fine a branca e augas cristalinas, que son: cala Trebalúger, cala Fustam, cala Escorxada, Binigaus, Binicodrell, Sant Tomàs e unha pequena parte de Son Bou (que xa pertence a Alaior).

Dentro de seu termo municipal tamén se atopan tres pequenos illotes, entre os que destaca o de Binicodrell.

A vila fundouse durante a segunda dominación británica a partir da capela de San Cristovo, dentro do lugar de Binicodrellet, que no ano 1769 edificou Cristòfol Barber i Ametller, na honra ao seu patrón. De 1912 a 1913 publicouse o semanario quincenal Llum Nova, un dos primeiros boletíns publicados na lingua da illa. Até o ano 1988 aínda se chamaba oficialmente como a igrexa (San Cristóbal). Non foi até o ano 1989 cando se segregou de Es Mercadal e se constituíu como concello propio.

Economía

[editar | editar a fonte]

As praias e calas do concello de Es Migjorn Gran ocupan uns 2 250 metros cadrados, dos que 900 pertencen á praia de sant Tomàs, onde hai unha urbalización co mesmo nome moi preto.[1] As actividades económicas predominantes de Es Migjorn Gran son o turismo e a construción, aínda que tamén están activas algunhas explotacións agrarias. A actividade turística, que supón máis do 50% do PIB de Menorca, ten lugar entre os meses de abril e outubro.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o INE, en 2019 Es Migjorn Gran contaba con 1 405 habitantes censados,[2] que se distribúen do seguinte xeito:

Núcleo de poboación Habitantes
Es Migjorn Gran 1281
Sant Tomàs 79
Diseminado 45
TOTAL 1405

Evolución da poboación de Es Migjorn Gran dende a década dos 50 ata agora:

Política

[editar | editar a fonte]

A repartición de escanos nas últimas eleccións municipais quedou deste xeito:

ENTESA PP PSOE Outros Total
2007 0 4 4 1 9
2011 0 4 5 0 9
Eleccións municipais en Es Migjorn Gran (2019)[3]
Partido político Votos %Válidos Concelleiros
Partido Popular (PP) 396 47,88% 5
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 391 47,28% 4
  1. "Sant Tomàs". enciclopedia.cat. Consultado o 25 de agosto de 2021. 
  2. INE (1 de xaneiro de 2019). "Poboación de Es Migjorn Gran". 
  3. "Resultados das eleccións municipais de 2019 en Es Migjorn Gran". elpais.com. 26 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]