Saltar ao contido

Erigeron karvinskianus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Erigeron karvinskianus

Erigeron karvinskianus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Astereae
Xénero: 'Erigeron'
Especie: ''E. karvinskianus''
Nome binomial
''Erigeron karvinskianus''
DC.

Erigeron karvinskianus é unha especie de plantas da familia Asteraceae.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.

Hábito.
Flor.
Vista da planta.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Esta planta rubideira ou amacollada, é útil como tapizante informal e en climas suaves florece con profusion todo o ano. As pequenas flores, de 25 mm de ancho son brancas ao abrirse e adoptan diversos tons rosados e vermello burdeos. Crece até uns 38 cm de alto, esténdese indefinidamente e ten talos laxos e estreitas follas vellosas, a miúdo lobuladas. Pode ser bastante invasiva en climas suaves.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Orixinaria de México e América central.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

É a disentería o principal padecemento contra o cal se usa esta planta. Para curala, recoméndase tomar tres veces ao día un té elaborado coas ramas ou con toda a planta. Preparada e administrada da mesma forma, utilízase para deter a diarrea e aliviar a dor corporal.

Química

As partes aéreas de E. karwinsianus conteñen un aceite esencial no que se identificaron principalmente os sesquiterpenos allo-aromadendreno, bergamoteno, alfa, gamma e delta-cadineno, cariofileno, alfa-copaeno, beta-cubebeno, curcumeno, beta-elemeno, beta-farneseno, guaieno, humuleno, gamma-muroleno; e os monoterpenos cosmeno, mirceno, trans-ocimeno e alfa pineno; Tamén se detectaron nas partes aéreas os esterois campesterol, colesterol, alfa-espinosterol, o seu dihidro-derivado, estigmasterol e beta-sitosterol, e as cromonas erigerósido e piranósido de 3-hidroxi-4-pirona.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Erigeron karvinskianus foi descrita por Augustin Pyrame de Candolle e publicada en Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabilis 5: 285. 1836.[2][3]

Etimoloxía

Erigeron: nome xenérico que deriva das palabras gregas: eri = "temperán" e geron = "home vello", polo que significa "home vello na primavera", en referencia ás cabezas de sementes brancas abrandadas e a floración temperá e frutificación de moitas especies.[4]

karvinskianus: o epíteto refírese a Wilhelm Friedrich Karwinski von Karwin,[5] que recolleu a planta en México segundo de Candolle.[6]

  1. "En Medicina tradicional mexicana". Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2013. 
  2. Erigeron karvinskianus en Trópicos
  3. Erigeron karvinskianus en PlantList
  4. "En Nombres Botánicos". Arquivado dende o orixinal o 15 de mayo de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  5. Hyam, R.; Pankhurst, R.J. (1995). Plants and their names : a concise dictionary. Oxford: Oxford University Press. p. 178. ISBN 978-0-19-866189-4. 
  6. de Candolle, Augustin Pyramus (1836). "Erigeron karvinskianum". Prodromus systematis naturalis regni vegetabilis. p. 285. Consultado o 2014-02-11.  (De Candolle usaba finais neutros para os epítetos específicos de Erigeron, pero a palabra é masculina, ó derivar da palabra γέρων, geron, home vello.)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brako, L. & J. L. Zarucchi. (eds.) 1993. Catalogue of the Flowering Plants and Gymnosperms of Peru. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 45: i–xl, 1–1286.
  • Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  • Nelson, C. 1976. Algunas plantas del Departamento de Ocotepeque, Honduras. Ceiba 20(1): 27–41.
  • Steyermark, J. 1995. Flora of the Venezuelan Guayana Project.