Epopeo
Biografía | |
---|---|
King of Sicyon (en) | |
← Córax (rei de Sicião) (pt) – Lamedon (en) → | |
King of Corinth (en) | |
Familia | |
Cónxuxe | Antíope |
Fillos | Marathon, Oenope |
Pais | Poseidón Aloeu e Cânace |
Irmáns | Aloeu Triopas Nireus Hopleus |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Na mitoloxía grega, Epopeo foi fillo de Poseidón e Cánace, filla de Eolo, se ben algunhas tradicións din que era fillo de Aloeo, un dos fillos de Poseidón e Cánace. Para Hixino, Epopeo naceu da unión de Poseidón coa pléiade Alcíone, filla de Atlas [1].
Poseidón e Cánace tiveron, ademais, outros fillos: Hopleo, Nireo, Aloeo e Tríope [2]. Epopeo tivo un fillo, Maratón, e unha filla, Enope (ou Énope). Hixino di que Poseidón tivo un fillo con esta, Megareo [3].
Epopeo foi rei de Sición [4], ó suceder a Córax, que morrera sen deixar fillos [5]. Tamén se fixo co trono de Corinto trala morte de Buno.
Antíope, filla do rei de Tebas Nicteo, foi amada por Zeus e enxendrou dous fillos, Anfión e Zeto. Por medo á reacción do seu pai, antes do momento do parto fuxiu da cidade e refuxiouse en Sición [6]. Nicteo suicidouse pola desesperación, pero antes de facelo ordenou ó seu fillo Lico que vingase a aldraxe.
Lico atacou e tomou Sición, matando a Epopeo e rescatando a Antíope. Pero tamén se di que os tebanos foron derrotados, aínda que Epopeo resultou ferido na batalla e morreu pouco despois. Lamedonte[7], irmán de Córax, puido así recuperar o trono.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hixino: Fábulas 157, 2.
- ↑ Pseudo-Apolodoro, I, 7, 4.
- ↑ Fábulas 157, 2.
- ↑ Antiga cidade grega situada ó norte do Peloponeso, próxima a Corinto.
- ↑ Tamén se di que Epopeo usurpou o trono tras conquistar Sición á morte de Córax.
- ↑ Segundo outras tradicións, foi raptada por Epopeo, quen a fixo a súa esposa.
- ↑ Non confundir con Laomedonte, rei de Troia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Alianza Editorial. ISBN 9788420650722. (en castelán)
- Pseudo-Apolodoro (2016). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277. (en castelán)