Eleccións xerais de Suráfrica de 2009
Eleccións xerais de Suráfrica de 2009 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2004 2014 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 22 de abril de 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións xerais de Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 400 membro da Asemblea Nacional de Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa inmediata de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
presidencia de Jacob Zuma |
As eleccións xerais de Suráfrica de 2009 realizáronse o mércores 22 de abril de dito ano para escoller os membros de ambas cámaras do vixésimo quinto Parlamento de Suráfrica, en concordancia coas eleccións provinciais. Renováronse os 400 escanos da cámara baixa, a Asemblea Nacional e os 430 membros das nove lexislaturas provinciais, que á súa vez designarían os 90 escanos do Consello Nacional das Provincias, a cámara alta. Tras a renuncia de Thabo Mbeki en setembro de 2008, Kgalema Motlanthe, do Congreso Nacional Africano (ANC), ocupou o cargo de Presidente de Suráfrica. Mais Kgalema Motlanthe non se presentou á reelección para un mandato completo e o candidato oficialista foi Jacob Zuma, presidente do partido desde decembro de 2007. Foron os cuartos comicios desde a instauración do sufraxio universal, é dicir, as cuartas eleccións desde a fin do apartheid.
Nestas eleccións o ANC obtivo outra previsible e esmagadora vitoria, cunha proporción de voto lixeiramente superior a 2004, pero unha porcentaxe inferior, do 65.90%, con respecto ao 69.69% das eleccións anteriores. Ademais, perdeu a maioría cualificada dos dous terzos coa que contaba antes, con 264 asentos, e quedou a tres escanos de renovala. O segundo partido máis votado e a oposición oficial, Alianza Democrática (DA), obtivo o 16.66% dos votos, e 67 escanos. En terceiro lugar, unha nova formación, escindida do ANC, o Congreso do Pobo (COPE), liderada por Mosiuoa Lekota, obtivo o 7.42% e 30 escanos no seu primeiro desafío electoral. Polo contrario, o Partido da Liberdade Inkatha (IFP) experimentou unha devastadora caída, logo de ter ostentado durante década e media o terceiro lugar en todas as eleccións celebradas até entón, pois foi desprazado ao cuarto posto con menos dun millón de votos e só un 4.55% do escrutinio e 18 escanos. Con este resultado, Zuma foi investido como Presidente de Suráfrica pola Asemblea Nacional o 6 de maio con 277 deputados votando por el e 47 por Mvume Dandala, de COPE, mentres que gran parte dos partidos opositores, incluíndo DA, decidiron absterse.
No plano provincial, Alianza Democrática tomou o control da lexislatura de Cabo Occidental, coa súa líder Helen Zille, sendo elixida premier da provincia. Foi a primeira vez despois de sete anos que o ANC perdía unha elección en calquera das provincias. O oficialismo mantivo, con todo, o control sobre o resto das lexislaturas provinciais.
O Tribunal Superior de Gauteng do Norte ditaminou o 9 de febreiro de 2009 que os cidadáns surafricanos que viven no estranxeiro deberían poder votar nas eleccións.[1] A sentenza foi confirmada polo Tribunal Constitucional o 12 de marzo de 2009, cando decidiu que os votantes estranxeiros que xa estaban rexistrados poderían votar.[2] Ademais, aos votantes rexistrados que se encontraron fóra dos seus distritos de votación o día das eleccións permitíuselles votar a favor da votación nacional en calquera mesa de votación en Suráfrica. Nas seguintes eleccións, finalmente incorporaríase o voto postal.
Principais partidos políticos
[editar | editar a fonte]Oficialismo: ANC
[editar | editar a fonte]O Congreso Nacional Africano (ANC), fundado en 1912, accedeu ao poder como consecuencia da fin do réxime do apartheid. Desde a súa contundente vitoria nas primeiras eleccións libres do país, en 1994, o ANC gozou dunha ampla maioría absoluta no Parlamento. No 2004 a súa dominación acadou o seu máximo apoxeo cando obtivo máis dos dous terzos dos escanos, que autorizaba ao partido a modificar a constitución unilateralmente. O presidente Thabo Mbeki, reelixido nestes comicios, entregou a dirección do partido a Jacob Zuma o 18 de decembro de 2007.[3] Despois, en 2008 o xuízo de corrupción en curso de Zuma en relación cun acordo multimillonario de armas Rand foi desestimado polos tribunais, que insinuaron que Mbeki influíra indebidamente na investigación de Zuma. Á luz dos feitos achados polo tribunal, o Comité Executivo Nacional do ANC solicitoulle a Mbeki que renunciara como presidente do país, o que fixo efectivamente o 20 de setembro de 2008, converténdose no primeiro presidente da era posterior do apartheid en non rematar o seu mandato constitucional, e o primeiro mandatario surafricano en renunciar desde 1989.[4]
Mbeki foi substituído por Kgalema Motlanthe, que fora elixido como vicepresidente do ANC na conferencia de 2007. Motlanthe non era o candidato presidencial do ANC para as eleccións xerais de 2009, senón o presidente do ANC, Jacob Zuma.[5] A lista electoral do ANC foi encabezada por Zuma, seguido por Motlanthe; o vicepresidente de Suráfrica Baleka Mbete; o Ministro de Finanzas Trevor Manuel; e Winnie Mandela, exesposa de Nelson Mandela.[6] O retiro de Mbeki, entre outras cousas, creou tensións severas e divisións dentro do partido, e eventualmente conduciu á formación do Congreso do Pobo (COPE), un novo partido político formado por antigos membros do ANC. Con todo, as enquisas daban ao ANC un indiscutido primeiro lugar, con entre o 60 e o 70% dos votos, e incluso na súa estimación máis baixa, que era do 47%, seguía sendo o partido máis votado.[7]
Oposición oficial: DA
[editar | editar a fonte]En maio de 2007, a exalcaldesa de Cidade do Cabo Helen Zille derrotou a Tony Leon nas eleccións internas do partido, converténdose na súa nova presidenta. Dada a situación de Suráfrica como un goberno de partido dominante, a DA manifestou un enfoque desproporcionado na provincia de Cabo Occidental desde o comezo da súa campaña, pois o partido identificara a provincia como "ganable". O 14 de febreiro de 2009 lanzou o seu manifesto, baixo o lema de campaña "Vote to Win" (en galego: Vota para ganar).[8] Varios analistas suxeriron que DA tomaría exitosamente o control de Cabo Occidental.[9] Mentres que as enquisas mostraban a diminución de apoio do ANC tras a escisión de COPE, a DA gañou algunhas eleccións parciais celebradas poico antes dos comicios.[10] Non obstante esperábase que DA obtivera maioría simple, e non a maioría absoluta que acabou conseguindo. O partido anunciou que a súa proxección sería ganar en Cabo Occidental, obter municipios importantes nas eleccións locais de 2011, e deste xeito asegurar o partido a nivel nacional.[11]
As relaciones entre DA e o partido separado do ANC, COPE, comezaron sendo amigables. O seu líder, Mosiuoa Lekota, manifestou a súa vontade de cooperar con Zille no futuro.[12][13] Mais posteriormente, Zille criticou a estrutura interna de COPE, afirmando que moitos dos seus novos membros eran partidarios de Mbeki que buscaban resucitar as súas carreiras políticas defuntas.[14]
Nas últimas etapas previas á elección, DA lanzou unha nova campaña "Stop Zuma", a cal foi obxecto de numerosas críticas por parte de analistas políticos, que a describiron como unha "campaña negativa". Zille replicou ante estas críticas que "negativo é entregarlle a Zuma e a s súa cerrada rede de amigos o dereito a cambiar unilateralmente a constitución", xa que segundo ela abusarían dese dereito tanto para enriquecerse como para protexerse a si mesmos de calquera repercusión legal. Máis tarde declarou que o crecemento de votos do seu partido e a perda de escanos do ANC debeuse en grande medida á campaña "Stop Zuma".[15]
Campaña
[editar | editar a fonte]A campaña da oposición centrouse case enteiramente en combater a crecente corrupción política.[16] O ANC recibiu fortes críticas por cargos de corrupción contra Zuma, quen fora acusado de aceptar subornos dunha compañía de armas francesa. Os fiscais estatais retiraron os cargos en abril, dúas semanas antes das eleccións. Tanto DA como COPE declararon que lograrían restablecer as causas xudiciais contra Zuma se algún dos dous gañaba as eleccións.[16] DA comprometeuse a executar un goberno "limpo". Acusou a Zuma de ter "intimidado" os fiscais do Estado para que retiraran os cargos de corrupción e presentou unha demanda legal contra a decisión. Prometeu crear máis empregos, proporcionar unha mellor educación e enfrontar o crime organizado.[16] Lekota, o líder de COPE, afirmou que o ANC traizoara o "soño dos líderes da loita contra o apartheid". O COPE prometeu loitar contra o crime mediante a introdución dunha política de "tres strikes", segundo a cal os delincuentes profesionais serían encarcerados a perpetuidade por delitos reiterados de violación, roubo ou asasinato. Aínda que se informou que COPE tivo problemas para levar a cabo unha campaña electoral efectiva, a súa aparición foi vista desde o momento da súa creación como un cambio no panorama político do país.[16]
A presidenta de DA, Helen Zille exhortou aos votantes a pór fin ao dominio hexemónico do ANC sobre a política surafricana, afirmando que, se non existía un contrapeso coherente para o oficialismo, Suráfrica corría o risco de converterse nun "estado falido e unipartidista".[17] Zille estableceu varias comparacións entre o ANC e ZANU-PF, partido gobernante en Cimbabue desde 1980, declarando que o partido gobernamental, baixo o liderado de Zuma, estaba sendo sometido a unha "zanuficación".[17] O candidato presidencial de COPE, Mvume Dandala, reafirmou esta teoría, declarando que os líderes africanos que permaneceron moito tempo no seu cargo "convertéranse virtualmente en ditadores".[17] O IFP afirmou que apoiaría calquera medida para loitar contra a corrupción.[16]
O ANC fixo campaña citando o desenvolvemento económico durante o seu longo mandato e o apoio aos pobres en forma de vivenda, auga e electricidade. Zuma prometeu mellorar a educación a fin de reducir a alta taxa de analfabetismo.[16] O partido publicou un anuncio de televisión por primeira vez, mostrando a imaxe do seu antigo líder, o expresidente Nelson Mandela, sendo liberado da prisión en 1989. Mandela fixo unha aparición excepcional nunha concentración de ANC e restaurou en grande medida o apoio popular ao partido.[16] Durante dita concentración, Mandela rexeitou a teoría da "zanuficación" do seu partido,[17] e declarou: "non hai nada na constitución que diga que unha maioría masiva para o partido gobernante é mala para a democracia, especialmente un partido que ten un historial tan longo de defensa das garantías constitucionais como o ANC!".[17]
Boicot electoral
[editar | editar a fonte]Varias comunidades, organizacións, movementos sociais e personalidades coñecidas ameazaron con non votar nas eleccións de 2009.[18] A personalidade máis coñecida foi o Arcebispo Desmond Tutu, quen ao principio dixo que non votaría, pero logo cambiou de opinión.[19] A Alianza de Pobres de Suráfrica, o Foro Anti Privatización, NOPE e o sindicato de traballadores agrícolas independentes Sikhula Sonke resolveron boicotear as eleccións baixo o lema "Non hai terra! Non hai casa! Non hai voto!".[20]
Resultados
[editar | editar a fonte]O ANC obtivo a súa cuarta maioría absoluta consecutiva co 65.90% dos votos. DA conservou a súa posición como a oposición oficial e ademais obtivo a vitoria en Cabo Occidental con máis do 50% dos votos e con Zille sendo elixida premier da provincia por maioría absoluta. Aínda que a participación foi do 77.30% dos votantes rexistrados, un lixeiro crecemento con respecto a 2004, a campaña pedindo o boicot tivo un éxito parcial, pois houbo doce millóns de surafricanos con dereito a voto que ou non se rexistraron para votar (7 millóns) ou se rexistraron pero non votaron (5.4 millóns).[21][22]
A Comisión Electoral Independente fixo dispoñibles os resultados que se recibiron dos distritos electorais, filtrados polo distrito nacional, provincial, municipal e de votación, no seu sitio web.[23]
Parlamento
[editar | editar a fonte]Asemblea Nacional
[editar | editar a fonte]Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Congreso Nacional Africano (ANC) | 11.650.748 |
|
3.80 | 264 / 400 |
15 | |||
Alianza Democrática (DA) | 2.945.829 |
|
4.29 | 67 / 400 |
17 | |||
Congreso do Pobo (COPE) | 1.311.027 |
|
Novo | 30 / 400 |
Novo | |||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 804.260 |
|
2.42 | 18 / 400 |
10 | |||
Demócratas Independentes (ID) | 162.915 |
|
0.81 | 4 / 400 |
3 | |||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 149.680 |
|
1.43 | 4 / 400 |
5 | |||
Fronte da Liberdade (FF+) | 146.796 |
|
0.06 | 4 / 400 |
||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 142.658 |
|
0.80 | 3 / 400 |
4 | |||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 66.086 |
|
0.38 | 2 / 400 |
1 | |||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 48.530 |
|
0.45 | 1 / 400 |
2 | |||
Fronte Minoritaria (MF) | 43.474 |
|
0.11 | 1 / 400 |
1 | |||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 38.245 |
|
0.03 | 1 / 400 |
||||
Convención do Pobo Africano (APC) | 35.867 |
|
Novo | 1 / 400 |
1 | |||
Partido do Movemento Democrático (MDP) | 29.747 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Al Jama-ah (AJ) | 25.947 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) | 11.638 |
|
0.13 | 0 / 400 |
||||
Convención Nacional Demócrata (NADECO) | 10.830 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Partido da Nova Visión (NVP) | 9.296 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Fronte Independente Unida (UIF) | 8.872 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Gran Kongreso de Suráfrica (GKSA) | 8.271 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Congreso Democrático Surafricano (SDC) | 6.035 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Partido Manteno Recto e Simple (KISS) | 5.440 |
|
0.01 | 0 / 400 |
||||
Movemento Panafricanista (PM) | 3.815 |
|
0.03 | 0 / 400 |
||||
Alianza de Demócratas Libres (AFD) | 5.178 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Mulleres Adiante (WF) | 5.087 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Partido Nacional de Suráfrica (NPSA) | 3.378 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Un Partido (AP) | 2.847 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | |||
Votos válidos | 17.680.729 |
|
||||||
Votos en branco/nulos | 239.237 |
| ||||||
Votos en total | 17.919.966 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 23.181.997 |
|
Consello Nacional das Provincias
[editar | editar a fonte]O Consello Nacional das Provincias (NCOP) consta de 90 membros, dez nomeados por cada lexislatura provincial, en proporción á membresía do partido da lexislatura provincial. Cada delegación provincial consta de seis delegados permanentes, que son nomeados por un período que dura até que se elixe unha nova lexislatura provincial, e catro delegados especiais. Un dos delegados especiais é o premier da provincia ou outro membro da lexislatura provincial designada polo premier, mentres que os outros tres delegados especiais son designados ad hoc pola lexislatura provincial.
Partidos | Provincia | Total | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabo Oriental | Estado Libre | Gauteng | KwaZulu-Natal | Limpopo | Mpumalanga | Noroeste | Cabo do Norte | Cabo Occidental | ||||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 4 / 6 |
4 / 6 |
4 / 6 |
4 / 6 |
5 / 6 |
5 / 6 |
4 / 6 |
3 / 6 |
2 / 6 |
35 / 54 |
62 / 90 | |
3 / 4 |
3 / 4 |
3 / 4 |
3 / 4 |
4 / 4 |
4 / 4 |
3 / 4 |
3 / 4 |
1 / 4 |
27 / 36 | |||
Alianza Democrática (DA) | 1 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
3 / 6 |
10 / 54 |
13 / 90 | |
0 / 4 |
0 / 4 |
1 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
2 / 4 |
3 / 36 | |||
Congreso do Pobo (COPE) | 1 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
0 / 6 |
1 / 6 |
0 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
1 / 6 |
7 / 54 |
8 / 90 | |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
1 / 4 |
0 / 4 |
1 / 36 | |||
Demócratas Independentes (ID) | 0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
1 / 6 |
0 / 6 |
1 / 54 |
2 / 90 | |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
1 / 4 |
1 / 36 | |||
Partido da Liberdade Ikantha (IFP) | 0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
1 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
1 / 54 |
2 / 90 | |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
1 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
1 / 36 | |||
Fronte da Liberdade (FF+) | 0 / 4 |
1 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
1 / 36 |
1 / 90 | |
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
1 / 4 |
0 / 4 |
0 / 4 |
1 / 36 |
1 / 90 | |
Movemento Democrático Unido (UDM) | 1 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
0 / 6 |
1 / 54 |
1 / 90 |
Lexislaturas provinciais
[editar | editar a fonte]Provincia | Resultado | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabo Oriental | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 1.552.676 |
|
10.45 | 44 / 63 |
7 | ||||
Congreso do Pobo (COPE) | 308.439 |
|
Novo | 9 / 63 |
Novo | ||||
Alianza Democrática (DA) | 225.310 |
|
2.65 | 6 / 63 |
1 | ||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 93.196 |
|
5.10 | 3 / 63 |
3 | ||||
Congreso Independente Africano (AIC) | 17.306 |
|
Novo | 1 / 63 |
Novo | ||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 12.108 |
|
0.46 | 0 / 63 |
1 | ||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 11.974 |
|
0.25 | 0 / 63 |
|||||
Demócratas Independentes (ID) | 10.466 |
|
0.31 | 0 / 63 |
|||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 4.598 |
|
0.03 | 0 / 63 |
Partido máis votado por barrio: ANC DA UDM COPE ID Empate entre dous ou máis partidos | ||||
Convención do Pobo Africano (APC) | 4.517 |
|
Novo | 0 / 63 |
Novo | ||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 4.428 |
|
0.06 | 0 / 63 |
|||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 2.270 |
|
0.10 | 0 / 63 |
|||||
Convención Nacional Demócrata (NADECO) | 2.027 |
|
Novo | 0 / 63 |
Novo | ||||
Movemento Panafricanista (PM) | 1.921 |
|
Novo | 0 / 63 |
Novo | ||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 1.908 |
|
0.04 | 0 / 63 |
|||||
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) | 1.663 |
|
0.07 | 0 / 63 |
|||||
Partido da Nova Visión (NVP) | 1.281 |
|
Novo | 0 / 63 |
Novo | ||||
Votos válidos | 2.256.088 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 32.299 |
| |||||||
Votos en total | 2.288.387 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 3.056.559 |
| |||||||
Estado Libre | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 734.688 |
|
10.68 | 22 / 30 |
3 | ||||
Congreso do Pobo (COPE) | 120.018 |
|
Novo | 4 / 30 |
Novo | ||||
Alianza Democrática (DA) | 119.844 |
|
3.12 | 3 / 30 |
|||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 20.780 |
|
0.45 | 1 / 30 |
|||||
Partido Dikwankwetla de Suráfrica (DPSA) | 11.257 |
|
0.12 | 0 / 30 |
|||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 7.556 |
|
0.57 | 0 / 30 |
1 | ||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 3.722 |
|
0.52 | 0 / 30 |
|||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 3.459 |
|
0.44 | 0 / 30 |
|||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 3.449 |
|
0.85 | 0 / 30 |
|||||
Convención do Pobo Africano (APC) | 3.200 |
|
Novo | 0 / 30 |
Novo | ||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 2.232 |
|
0.14 | 0 / 30 |
Partido máis votado por barrio: ANC DA COPE FF+ | ||||
Demócratas Independentes (ID) | 1.654 |
|
0.36 | 0 / 30 |
|||||
Convención Nacional Demócrata (NADECO) | 1.065 |
|
Novo | 0 / 30 |
Novo | ||||
Congreso de Paz e Xustiza (PJC) | 398 |
|
Novo | 0 / 30 |
Novo | ||||
Votos válidos | 1.033.322 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 15.744 |
| |||||||
Votos en total | 1.049.066 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 1.388.588 |
| |||||||
Gauteng | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 2.662.013 |
|
4.36 | 47 / 73 |
4 | ||||
Alianza Democrática (DA) | 908.616 |
|
1.08 | 16 / 73 |
1 | ||||
Congreso do Pobo (COPE) | 323.327 |
|
Novo | 6 / 73 |
Novo | ||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 67.660 |
|
0.29 | 1 / 73 |
|||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 61.856 |
|
1.02 | 1 / 73 |
|||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 36.099 |
|
0.77 | 1 / 73 |
|||||
Demócratas Independentes (ID) | 25.243 |
|
0.92 | 1 / 73 |
|||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 16.480 |
|
0.59 | 0 / 73 |
1 | ||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 12.880 |
|
0.54 | 0 / 73 |
1 | ||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 1.908 |
|
0.02 | 0 / 73 |
|||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 8.927 |
|
0.04 | 0 / 73 |
|||||
Partido do Movemento Democrático (DMP) | 5.731 |
|
Novo | 0 / 73 |
Novo | ||||
Convención do Pobo Africano (APC) | 5.123 |
|
Novo | 0 / 73 |
Novo | Partido máis votado por barrio: ANC DA IFP COPE FF+ | |||
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) | 2.901 |
|
0.16 | 0 / 73 |
|||||
Alianza Cristiá Africana (ACA) | 2.541 |
|
Novo | 0 / 73 |
Novo | ||||
Mulleres Adiante (WF) | 1.974 |
|
Novo | 0 / 73 |
Novo | ||||
Gran Kongreso de Suráfrica (GKSA) | 1.909 |
|
Novo | 0 / 73 |
Novo | ||||
Convención Nacional Demócrata (NADECO) | 1.497 |
|
Novo | 0 / 73 |
Novo | ||||
Alianza de Demócratas Libres (AFD) | 1.101 |
|
Novo | 0 / 73 |
Novo | ||||
Partido da Nova Visión (NVP) | 1.079 |
|
Novo | 0 / 73 |
Novo | ||||
Votos válidos | 4.157.048 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 42.815 |
| |||||||
Votos en total | 4.199.863 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 5.555.159 |
| |||||||
KwaZulu-Natal | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 2.192.516 |
|
15.97 | 51 / 80 |
13 | ||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 780.027 |
|
14.42 | 18 / 80 |
12 | ||||
Alianza Democrática (DA) | 318.559 |
|
0.80 | 7 / 80 |
|||||
Fronte Minoritaria (MF) | 71.507 |
|
0.56 | 2 / 80 |
|||||
Congreso do Pobo (COPE) | 44.890 |
|
Novo | 1 / 80 |
Novo | ||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 23.537 |
|
1.11 | 1 / 80 |
1 | ||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 7.953 |
|
0.52 | 0 / 80 |
1 | ||||
Al Jama-ah (AJ) | 7.612 |
|
Novo | 0 / 80 |
Novo | ||||
Convención Nacional Demócrata (NADECO) | 6.881 |
|
Novo | 0 / 80 |
Novo | ||||
Demócratas Independentes (ID) | 6.853 |
|
0.30 | 0 / 80 |
|||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 5.760 |
|
0.12 | 0 / 80 |
|||||
Convención do Pobo Africano (APC) | 5.087 |
|
Novo | 0 / 80 |
Novo | ||||
Congreso Democrático Surafricano (SADC) | 3.883 |
|
Novo | 0 / 80 |
Novo | ||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 2.578 |
|
0.11 | 0 / 80 |
Partido máis votado por barrio: ANC IFP DA MF ACDP APC Empate | ||||
Mulleres Adiante (WF) | 1.816 |
|
Novo | 0 / 80 |
Novo | ||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 1.798 |
|
0.09 | 0 / 80 |
|||||
Gran Kongreso de Suráfrica (GKSA) | 1.730 |
|
Novo | 0 / 80 |
Novo | ||||
Votos válidos | 3.482.987 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 43.713 |
| |||||||
Votos en total | 3.526.700 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 4.475.217 |
| |||||||
Limpopo | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 1.265.631 |
|
4.30 | 43 / 49 |
2 | ||||
Congreso do Pobo (COPE) | 112.325 |
|
Novo | 4 / 49 |
Novo | ||||
Alianza Democrática (DA) | 51.856 |
|
0.11 | 2 / 49 |
|||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 10.246 |
|
0.58 | 0 / 49 |
1 | ||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 9.035 |
|
0.01 | 0 / 49 |
|||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 7.934 |
|
0.41 | 0 / 49 |
1 | ||||
Partido da Nova Visión (NVP) | 6.497 |
|
Novo | 0 / 49 |
Novo | ||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 5.640 |
|
0.13 | 0 / 49 |
|||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 5.193 |
|
1.37 | 0 / 49 |
1 | Partido máis votado por barrio: ANC DA NVP Empate | |||
Convención do Pobo Africano (APC) | 4.455 |
|
Novo | 0 / 49 |
Novo | ||||
Partido Ximoko | 3.452 |
|
0.36 | 0 / 49 |
|||||
Fronte Independente Unida (UIF) | 1.769 |
|
Novo | 0 / 49 |
Novo | ||||
Partido da Conciencia Negra (BCP) | 1.432 |
|
Novo | 0 / 49 |
Novo | ||||
Demócratas Independentes (ID) | 1.333 |
|
0.08 | 0 / 49 |
|||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 1.320 |
|
0.13 | 0 / 49 |
|||||
Alianza de Demócratas Libres (AFD) | 1.041 |
|
Novo | 0 / 49 |
Novo | ||||
Mulleres Adiante (WF) | 977 |
|
Novo | 0 / 49 |
Novo | ||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 936 |
|
0.06 | 0 / 49 |
|||||
Votos válidos | 1.491.072 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 22.549 |
| |||||||
Votos en total | 1.513.621 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 2.256.073 |
| |||||||
Mpumalanga | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 1.110.190 |
|
0.76 | 27 / 30 |
|||||
Alianza Democrática (DA) | 97.204 |
|
0.55 | 2 / 30 |
|||||
Congreso do Pobo (COPE) | 37.789 |
|
Novo | 1 / 30 |
Novo | ||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 11.590 |
|
0.34 | 0 / 30 |
1 | ||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 6.565 |
|
0.51 | 0 / 30 |
|||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 6.540 |
|
0.45 | 0 / 30 |
|||||
Partido Progresista Sindawonye (SPP) | 6.423 |
|
0.04 | 0 / 30 |
|||||
Convención do Pobo Africano (APC) | 4.834 |
|
Novo | 0 / 30 |
Novo | ||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 4.097 |
|
0.37 | 0 / 30 |
|||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 3.366 |
|
0.74 | 0 / 30 |
|||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 2.928 |
|
0.04 | 0 / 30 |
|||||
Partido Cristián (CP) | 2.435 |
|
Novo | 0 / 30 |
Novo | ||||
Demócratas Independentes (ID) | 1.527 |
|
0.19 | 0 / 30 |
Partido máis votado por barrio: ANC DA IFP SPP | ||||
Convención Nacional Demócrata (NADECO) | 1.374 |
|
Novo | 0 / 30 |
Novo | ||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 913 |
|
0.10 | 0 / 30 |
|||||
Votos válidos | 1.297.775 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 19.119 |
| |||||||
Votos en total | 1.316.894 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 1.696.705 |
| |||||||
Noroeste | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 783.794 |
|
7.82 | 25 / 33 |
2 | ||||
Congreso do Pobo (COPE) | 89.573 |
|
Novo | 3 / 33 |
Novo | ||||
Alianza Democrática (DA) | 88.728 |
|
3.25 | 3 / 33 |
1 | ||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 56.678 |
|
3.22 | 2 / 33 |
1 | ||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 19.463 |
|
0.49 | 0 / 33 |
1 | ||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 7-366 |
|
0.48 | 0 / 33 |
|||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 5.467 |
|
0.46 | 0 / 33 |
|||||
Demócratas Independentes (ID) | 4.984 |
|
0.02 | 0 / 33 |
|||||
Partido do Movemento Democrático (MDP) | 4.432 |
|
Novo | 0 / 33 |
Novo | Partido máis votado por barrio: ANC DA UCDP COPE ID Empate | |||
Convención do Pobo Africano (APC) | 3.116 |
|
Novo | 0 / 33 |
Novo | ||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 2.831 |
|
0.58 | 0 / 33 |
|||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 2.712 |
|
0.03 | 0 / 33 |
|||||
Partido Político Surafricano (SPP) | 1.822 |
|
Novo | 0 / 33 |
Novo | ||||
Alianza Cristiá Africana (ACA) | 1.750 |
|
Novo | 0 / 33 |
Novo | ||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 1.619 |
|
0.10 | 0 / 33 |
|||||
Convención Nacional Demócrata (NADECO) | 978 |
|
Novo | 0 / 33 |
Novo | ||||
Votos válidos | 1.075.323 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 21.007 |
| |||||||
Votos en total | 1.096.330 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 1.564.357 |
| |||||||
Cabo do Norte | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 245.699 |
|
8.08 | 19 / 30 |
2 | ||||
Congreso do Pobo (COPE) | 67.416 |
|
Novo | 5 / 30 |
Novo | ||||
Alianza Democrática (DA) | 50.817 |
|
1.49 | 4 / 30 |
1 | ||||
Demócratas Independentes (ID) | 19.995 |
|
2.11 | 2 / 30 |
|||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 5.034 |
|
0.31 | 0 / 30 |
|||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 4.889 |
|
0.88 | 0 / 30 |
|||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 4.041 |
|
0.88 | 0 / 30 |
|||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 2.439 |
|
0.09 | 0 / 30 |
|||||
Convención do Pobo Africano (APC) | 1.364 |
|
Novo | 0 / 30 |
Novo | ||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 882 |
|
0.22 | 0 / 30 |
|||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 757 |
|
0.05 | 0 / 30 |
|||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 604 |
|
0.30 | 0 / 30 |
Partido máis votado por barrio: ANC DA COPE ID FF+ Empate | ||||
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) | 481 |
|
Novo | 0 / 30 |
Novo | ||||
Votos válidos | 414.502 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 6.988 |
| |||||||
Votos en total | 421.490 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 554.900 |
| |||||||
Cabo Occidental | Partido | Votos | % | +/− | Escanos | +/− | Mapas/Diagramas | ||
Alianza Democrática (DA) | 1.012.568 |
|
24.35 | 22 / 42 |
10 | ||||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 620.918 |
|
13.70 | 14 / 42 |
5 | ||||
Congreso do Pobo (COPE) | 152.356 |
|
Novo | 3 / 42 |
Novo | ||||
Demócratas Independentes (ID) | 92.116 |
|
3.16 | 2 / 42 |
1 | ||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 28.995 |
|
1.97 | 1 / 42 |
1 | ||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 14.013 |
|
1.04 | 0 / 42 |
|||||
Al Jama-ah (AJ) | 9.039 |
|
Novo | 0 / 42 |
Novo | ||||
Fronte da Liberdade (FF+) | 8.384 |
|
0.19 | 0 / 42 |
|||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 4.467 |
|
0.19 | 0 / 42 |
|||||
Partido Musulmán de África (AMP) | 4.333 |
|
0.48 | 0 / 42 |
|||||
Alianza Demócrata Cristiá (CDA) | 3.987 |
|
0.47 | 0 / 42 |
Partido máis votado por barrio: DA ANC ID COPE Empate | ||||
Partido Nacional de Suráfrica (SANP) | 3.378 |
|
Novo | 0 / 42 |
Novo | ||||
Partido do Cabo (CP) | 2.552 |
|
Novo | 0 / 42 |
Novo | ||||
Alianza Nacional (NA) | 1.996 |
|
Novo | 0 / 42 |
Novo | ||||
Convención do Pobo Africano (APC) | 1.778 |
|
Novo | 0 / 42 |
Novo | ||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 1.552 |
|
0.15 | 0 / 42 |
|||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 1.291 |
|
0.03 | 0 / 42 |
|||||
Fronte Independente Unida (UIF) | 1.178 |
|
Novo | 0 / 42 |
Novo | ||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 1.158 |
|
0.08 | 0 / 42 |
10 | ||||
Congreso de Paz e Xustiza (PJC) | 630 |
|
Novo | 0 / 42 |
Novo | ||||
Partido Universal (UP) | 599 |
|
0.02 | 0 / 42 |
|||||
Convención Nacional Demócrata (NADECO) | 463 |
|
Novo | 0 / 42 |
Novo | ||||
Votos válidos | 1.967.751 |
|
|||||||
Votos en branco/anulados | 20.026 |
| |||||||
Votos en total | 1.987.777 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 2.634.439 |
|
Investidura presidencial
[editar | editar a fonte]Candidato | Partido | Votos | % | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Jacob Zuma | Congreso Nacional Africano (ANC) | 277 / 400 |
| ||||
Mvume Dandala | Congreso do Pobo (COPE) | 47 / 400 |
| ||||
Abstención, Ausente | 76 / 400 |
Consecuencias
[editar | editar a fonte]O ANC recibiu amplas felicitacións pola súa decisiva vitoria nacional, tanto de fontes internacionais como nacionais. Isto incluía a oposición, coa líder de DA, Helen Zille recoñecendo que a xente lle dera un forte mandato para gobernar. "Confiamos en que o ANC non abuse desta confianza e goberne ben e en interese de todos os surafricanos". Con todo, co 65.9% dos votos e 264 escanos na Asemblea Nacional (con referencia ao 74.3% e 297 escanos que tiña até entón), o ANC xa non tiña a maioría dos dous terzos que necesitaba para cambiar a Constitución unilateralmente. O partido gobernante perdera considerable apoio en oito das nove provincias, parcialmente compensado por un grande aumento en KwaZulu-Natal a expensas do IFP.[24]
Agradecendo o apoio dos seus partidarios a semana seguinte, Helen Zille declarou que DA cumprira cos seus tres obxectivos principais nos comicios: en primeiro lugar, privar o ANC da súa maioría dos dous terzos (aínda que fora só por menos de tres escanos); en segundo lugar, obtivo maioría absoluta en Cabo Occidental; e en terceiro lugar, mellorou significativamente a súa posición parlamentaria.[25] Zille tamén declarou que vía estes comicios como un sinal de que as únicas forzas políticas xenuínas en Suráfrica eran DA e o ANC, e que a maioría dos votantes xa non tiraban o seu voto en partidos "pequenos e insignificantes".[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Court backs S Africa expat vote". BBC News. 9 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de maio de 2010. (en inglés)
- ↑ Votantes rexistrados no estranxeiro poden votar en Suráfrica - People's Daily Online (en inglés)
- ↑ (Declaración de Prensa: Resultados das eleccións para cargos do ANC, 19 de decembro de 2007) Arquivado 29 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Roherty, James Michael (1992). State security in South Africa: civil-military relations under P.W. Botha. M.E. Sharpe. p. 23. ISBN 978-0-87332-877-7.
- ↑ http://www.anc.org.za/show.php?doc=./ancdocs/pr/2008/pr0108.html Arquivado 24 de maio de 2011 en Wayback Machine. Declaración do Comité Executivo Nacional do ANC, 8 de xaneiro de 2008]: O Comité Executivo Nacional do ANC anunciou que "o presidente do ANC encabezará a campaña electoral de ANC como candidato da organización para presidente de Suráfrica nas eleccións de 2009." (en inglés)
- ↑ Winnie prepárase para un sorpresivo retorno á política do ANC (en inglés)
- ↑ Perry, Alex. "Eleccións Surafricanas: Por que son importantes Arquivado 03 de novembro de 2012 en Wayback Machine.." TIME. 21 de abril de 2009. . Consultado o 21 de abril de 2009. (en inglés)
- ↑ "DA lanza a súa campaña en Soweto". News24. 15 de xaneiro de 2009.[Ligazón morta] (en inglés)
- ↑ "As minorías adquiren importancia no período electoral". IOL. 7 de setembro de 2008. Consultado o 2 de xullo de 2009. (en inglés)
- ↑ "DA: Helen Zille, líder de Alianza Democrática, obtivo vitorias en eleccións parciais". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. (en inglés)
- ↑ "DA plans to rule SA from 2014". IOL. 11 de novembro de 2008. (en inglés)
- ↑ "Lekota está aberto a unha alianza con DA". IOL. 19 de novembro de 2008. (en inglés)
- ↑ "Zille apoia as opinións de Lekota". IOL. 19 de novembro de 2008.[Ligazón morta] (en inglés)
- ↑ "Zille critica a COPE como unha estrataxema para resucitar carreiras políticas". 10 de xaneiro de 2009.[Ligazón morta] (en inglés)
- ↑ South Africa 'doomed under Zuma' BBC, 18 de abril de 2009 (en inglés)
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Informe de Inter-Parliamentary Union, 2009 (en inglés)
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 Predicted ANC Win Has Some Asking: Is South Africa Becoming a One-Party State?, The Washington Post, 22 de abril de 2009 (en inglés)
- ↑ *"60 landless people arrested". Sowetan.[Ligazón morta]
- "Protesters refuse to vote". IOL.
- "'One house, one vote' for South Africans". BBC. 21 de abril de 2009. Consultado o 4 de xaneiro de 2010.
- "'No land, no home, no vote'". Weekend Argus.
- "Feeling of change in the West Coast air". Cape Argus. (en inglés)
- ↑ *"Tutu: Why I Won’t Vote". TheTimes. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2008. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- "Tutu decides to vote". IOL. (en inglés)
- ↑ *"Elections: A Dangerous Time for Poor People's Movements in South Africa". SACSIS. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- ""No Vote" Campaigns are not a Rejection of Democracy". Mail and Guardian.
- "Farm Workers Announce Election Boycott". AllAfrica.
- "Why we refuse to vote". Cape Argus. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- "NOPE our dreams don't fit on your ballots". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- "Grassroots movements plan to boycott South African poll". ekklesia. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- "Tutu: Why Steve Biko wouldn’t vote". Pambazuka.
- "Nope your vote doesn't make a difference". Polity. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2018.
- "Farm workers threaten boycott elections". Polity. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2021. Consultado o 12 de abril de 2021. (en inglés)
- ↑ "Construíndo a base dunha oposición crible". SundayTribune. 3 de maio de 2009. (en inglés)
- ↑ "Informe do IEC 2009". IEC. Consultado o 21 de abril de 2014. (en inglés)
- ↑ Comisión Electoral Independente (en inglés)
- ↑ https://www.da.org.za/archive/sa-today-thank-you-for-voting-for-change/
- ↑ http://www.politicsweb.co.za/news-and-analysis/we-fulfilled-our-key-objectives--helen-zille
- ↑ http://www.politicsweb.co.za/news-and-analysis/we-fulfilled-our-key-objectives--helen-zille