El Tea
El Tea | |
---|---|
Fundación | 1908 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ponteareas, Pontevedra e Vigo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Tea foi un periódico editado en Ponteareas de 1908 a 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Decenario defensor de los intereses agrarios, apareceu o 5 de setembro de 1908. Saíu os sábados ata agosto de 1920 en que se converteu en decenario e se trasladou a Vigo (1914) e Pontevedra (1920). Fundado e dirixido nos primeiros anos por Amado Garra, despois substituído por Manuel Pérez Troncoso, Saturnino Piñeiro e desde decembro de 1927 por Manuel Piñeiro Groba. Era de tendencia republicana e agrarista, aínda que se subtitulou como "independente". Foi o órgano oficial da Federación Provincial Agraria. Por problemas coa Ditadura de Primo de Rivera foi suspendido en reiteradas ocasións, en 1925 pasou a denominarse El Uma e entre xaneiro e marzo de 1926 pasou a chamarse El Agro Celta. Ofreceu colaboracións literarias que entre 1922 e 1928 apareceron agrupadas na sección "Páxina Enxebre". Entre os seus colaboradores estaban Eugenio Arbones Castellanzuelo, Roxelio Rivero, Jenaro Marinhas del Valle e Ánxel de Cambeses. Rematou a súa edición o 14 de xullo de 1936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Tea, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.