Efaté
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | New Hebrides (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Shefa, Vanuatu | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 113 m | ||||
Punto máis alto | Mount McDonald (en) (647 m ) | ||||
Superficie | 900 km² | ||||
Éfaté é unha illa do océano Pacífico forma parte da provincia de Shefa en Vanuatu. É a máis poboada (ao redor de 65.000 habitantes) e por extensión (899´5 km²) é a terceira máis grande do arquipélago. A maioría dos habitantes viven en Port Vila, a capital nacional. A súa montaña máis alta é o Monte McDonald cunha altura de 647 m.
Durante a segunda guerra mundial a illa foi usada como unha importante base militar dos Estados Unidos.
Política
[editar | editar a fonte]Efate converteuse nun municipio independente en 1889 cando os residentes declararon a rexión como Franceville. Con todo, en 1890 o municipio dividiuse.
Efate réxese tanto polo municipio de Port Vila como polo Consello Provincial de Shefa, o primeiro goberna soamente o termo municipal de Port Vila e o consello a Efate rural e as Illas exteriores de Efate.
Pequenas illas de Efate
[editar | editar a fonte]Ao Norte e oeste de Efate atópanse pequenas illas chamadas Eratoka (chapeu), Lelepa, Nguna, Pelei e Emao. Illa Eratoka é unha pequena illa que, vista desde a distancia parece un chapeu de á ancha. Aquí é onde o famoso xefe Roi Mata, xunto cas súas 20 esposas, foron enterrados.[1] Nguna, Pelei e Emao son volcáns, que forman o bordo dunha caldeira volcánica ao norte.
Superviventes
[editar | editar a fonte]Efaté foi o escenario do programa de TV dos Estados Unidos Survivor: Vanuatu, o australiano Celebrity Survivor e os franceses Koh Lanta. Gran parte do australiano Survivor: Vanuatu foi filmado a uns 30 minutos de Port Vila cerca Mangililu e Gedeón Landing, o último dos cales é agora unha atracción turística comunmente visitada.
Turismo
[editar | editar a fonte]A capital Port Vila é o centro do turismo de Vanuatu recibindo aproximadamente 60.000 turistas ao ano, tanto por transporte aéreo, cruceiros e veleiros privados. Debido á influencia británica e francesa ambos tipos de cociña están dispoñibles na capital, así como restaurantes económicos a través de Vila tanto restaurantes chineses como no mercado Mummas situado no centro. Fóra de Port Vila espera un destino máis rústico, coa maioría dos habitantes vivindo un estilo de vida tradicional: cociñando alimentos da illa ou 'Aelan kakae', coidando as súas hortas todos os días, xa que a agricultura de subsistencia é a economía dominante en Vanuatu.
A aeroliña nacional Air Vanuatu dá servizo ás illas exteriores de Vanuatu. Destinos populares tales como Tanna e Santo teñen conexión diaria desde Port Vila, mentres que a lugares máis remotos pódese chegar de forma menos regular.
Efaté ofrece unha variedade de atraccións e actividades, como o turismo en Mele Cascades, Praia Eton, Tanalilui Road Markets, Round Island Tour, Buggy Fun Rental, mergullo e cruceiros á tardiña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. Maarten Troost, Getting Stoned with Savages, Broadway Books, 2006 (ISBN 0-7679-2199-2).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Efaté |
- Languages of Efate - Bibliography of the island's indigenous languages
- South Efate language Wikipedia entry.