Eduardo Lence-Santar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1879 Mondoñedo, España |
Morte | 14 de xaneiro de 1960 (80 anos) Mondoñedo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Eduardo Lence-Santar Guitián, nado en Mondoñedo o 16 de xullo de 1879 e finado na mesma vila o 14 de xaneiro de 1960, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou os seus primeiros anos en Portomarín e Sarria, e volveu a Mondoñedo en 1901. Arquiveiro municipal do concello de Mondoñedo, foi nomeado cronista da cidade en 1917, sendo o primeiro en exercer este cargo.[1] Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917 e un dos asinantes do manifesto da I Asemblea Nacionalista convocada polas Irmandades da Fala. Dirixiu Mondoñedo e colaborou en periódicos de Galicia e da Habana e Bos Aires como La Voz de Mondoñedo, Vallibria, El Eco de Vivero, El Compostelano, El Eco de Santiago, El Ideal Gallego, El Regional e El Eco de Galicia.
Foi correspondente da Real Academia Galega e recibiu en 1949 a encomenda da Orde de Afonso X o Sabio[2].
Obras
[editar | editar a fonte]- Mondoñedo, 1907.
- El santuario de los Remedios de Mondoñedo, 1909.
- El seminario de Mondoñedo, 1909.
- El convento de la Concepción de Mondoñedo, 1910.
- El convento de Villanueva de Lorenzana y San Francisco de Vivero, 1910.
- Del obispado de Mondoñedo, 1915. Esta obra esta composta de tres tomos.
- El mariscal Pardo de Cela. La Santa Hermandad, 1930.
- Los gremios de Mondoñedo, 1953.
- Poesía galega (póstumo, publicado en 1999).
- Etnografía mindoniense (póstumo, publicado en 2000, recompilación de artigos aparecidos en El Compostelano).
- Mondoñedo Regreso al Pasado Recompilación de artigos en diversos medios de comunicación de Eduardo Lence-Santar e Guitián. Hai sete tomos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reigosa, Antonio (24 de abril de 2017). "Lence, o mellor cronista oficial de Mondoñedo". Caderno de campo de Antonio Reigosa.
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "Lence-Santar y Guitián, Eduardo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 282.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Os cronistas da cidade de Mondoñedo
Predecesor: - |
Cronista de Mondoñedo 1917 - 1960 |
Sucesor: Álvaro Cunqueiro |