Edgar Leopold Layard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1824 Florencia, Italia |
Morte | 1 de xaneiro de 1900 Budleigh Salterton, Devon, Inglaterra |
Residencia | Ceilão britânico (pt) Colônia de Fiji (pt) Brasil Colonia do Cabo Nouméa |
País de nacionalidade | británica |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, naturalista, ornitólogo |
Familia | |
Cónxuxe | Jane Catherine Blackhall (1887–) Barbara Anne Layard (1848–) |
Fillos | Edgar Leopold Calthrop Layard () Barbara Anne Layard |
Pais | Henry Peter John Layard e Marianne Austen |
Irmáns | Sir Austen Henry Layard |
Parentes | Daniel Peter Layard, bisavó paterno |
Premios | |
Descrito pola fonte | The Dictionary of Australasian Biography, 1892 (en) |
Edgar Leopold Layard, nado en Florencia o 23 de xullo de 1824, e finado en Budleigh Salterton, Devon, Inglaterra, foi un diplomático e naturalista británico, especializado en ornitoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Layard pasou dez anos en Ceilán onde etudou a fauna local con Robert Templeton.
En 1854 desprazouse como funcionario á colonia do Cabo onde traballou ao servizo do gobernador Sir George Grey.
Pronto pasou ao Brasil, a Fidxi e a Nova Caledonia. Seu fillo, Leopold Layard, vicecónsul en Numea, axudouno nas súas expedicións ornitolóxicass nss Novas Hébridas e nas illas da Lealdade.
En 1855, durante o seu tempo libre, ocupou o posto de conservador no Museo de Suráfrica.
No Brasil recolectou numerosas aves para o conde d’Arthur Hay, noveno marqués de Tweeddale.
Layard publicou en 1867 o libro The Birds of South Africa, no que descrbiu 702 especies. Esta obra sería posteriormente actualizada por Richard Bowdler Sharpe.[1]
Epónimos
[editar | editar a fonte]- Periquito de Layard (Psittacula calthrapae)
- Lepidocolaptes fuscicapillus layardi
- Zifio de Layard (Mesoplodon layardii)
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Layard emprégase para recoñecer a Edgar Leopold Layard como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Christine E. Jackson (2004): "Sharpe, Richard Bowdler (1847–1909)", no Oxford Dictionary of National Biography.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edgar Leopold Layard |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Edgar Leopold Layard |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bo Beolens & Michael Watkins (2003): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-3001-0359-X).
- Barbara Mearns & Richard Mearns (1998): The Bird Collectors. San Diego e Londres: Academic Press. ISBN 0-1248-7440-1.