Economía de Haití
Economía de Haití | |
---|---|
Moeda | Gourde |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 12,92 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 147ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 2,8% (2012) |
PIB per cápita | $ 1300 (2012) |
PIB por sector | agricultura 25%, industria 9%, comercio e servizos 66% (2012) |
Inflación | 6,7% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 4.810.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 31,8%, industria 11,5%, comercio e servizos 50,4% (2010) |
Desemprego | 40,6% (2010) |
Industrias | téxtiles, refino de azucre, moenda de fariña, cemento, industria lixeira baseada en pezas importadas |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 785 millóns (2012) |
Produtos de exportación | ropas, manufacturados, aceites vexetais, cacao, manga, café |
Principais mercados | Estados Unidos 83,9% (2011) |
Importacións | 2 640 millóns (2012) |
Principais produtos importados | alimentos, manufacturados, máquinas e equipamentos de transporte, combustibles, matérias primas |
Principais mercados | República Dominicana 31,5%, Estados Unidos 25%, antigos países das Antillas Neerlandesas 8,6%, República Popular da China 7,1% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1 125 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A Economía de Haití é a máis pobre de América e do Hemisferio Norte. É dicir, Haití é o país con menor PIB per cápita e un dos máis desiguais do mundo: 80% da súa poboación está por baixo da liña da pobreza, e o 54% vive nunha pobreza abxecta[1]. A súa renda per capita estímase nunha décima parte da dos seus veciños da rexión do Caribe.
A pesar da recuperación da súa economía en anos recentes, cun crecemento positivo no 2005, catro tormentas tropicais no 2008 danárono severamente xunto coas súa infraestrutura de transporte e o sector agrícola. O país espera o perdón duns 525 millóns de dólares da súa débeda externa a mediados de 2009, no programa de axuda ós países altamente endebedados.[1]
Política económica recente
[editar | editar a fonte]O PIB decreceu no ano fiscal do 2001 logo de seis anos de crecemento. A caída foi de 1.1% e 0.9% nos anos fiscais de 2001 e 2002. A estabilidade macroeconómica foi fortemente afectada pola incerteza política, o colapso de cooperativas bancarias informais, grandes déficits orzamentários baixos investimentos e reducido fluxo de capitais internacionais, incluíndo a suspensión de préstamos por atrasos con BID e o Banco Mundial.
A economía haitiana estabilizouse en 2003. Aínda que o ano fiscal 2003 iniciou coa depreciación do gourde debido a rumores de que os depósitos en dólares íanse a nacionalizar e a eliminación do subsidio aos combustibles, o goberno puido estabilizar o gourde ao tomar a decisión de deixar flotar os prezos dos combustibles de acordo aos prezos mundiais e elevar as taxas de interese. O goberno fixo acordos co Fondo Monetario Internacional nun programa monitorado, seguido do pago de atrasos por $32 millóns ao BID en xullo. Estes pagos abriron o camiño para novos préstamos con esta institución financeira. O BID desembolsou $35 millóns dun préstamo de $50 millóns en xullo e comezou a desembolsar préstamos previamente acordados totalizando $146 millóns. O BID, o FMI e o Banco Mundial tamén analizaron a posibilidade de novos préstamos co goberno. Moito disto dependería da adhesión do goberno ás metas fiscais e económicas, como o pago dos atrasos co Banco Mundial ($30 millóns, ao 30 de setembro de 2003).
O PIB per cápita en 2002 era de $425 e prevíase que continuase decrecendo debido ao crecemento de 1.3% da poboación. O principal elemento son as remesas, as cales reportaron $931 millóns en 2002. A axuda financeira internacional decreceu desde 1995, o ano en que o goberno electo foi restaurado no poder; cando máis de $600 millóns en axudas foi provisto pola comunidade internacional. Os traballadores en Haití teñen dereito a asociación. O pago mínimo legal de 36 gourdes por día (aproximadamente US$ 1,80) aplica á maioría dos traballadores do sector formal.
Recentemente o presidente René Préval, reelixido para un segundo mandato en 2006 adheriuse á iniciativa ALBA e estableceu lazos estratéxicos con países da rexión que apuntan a un cambio na orientación xeral das políticas económicas das últimas dúas décadas.
A economía do país sufriu un duro revés en xaneiro de 2010, cando un terremoto de magnitude 7,0 destruíu gran parte do seu capital, Port-au-Prince e áreas veciñas. O terremoto causou máis de 7,8 mil millóns de dólares en danos e produciu unha contración do PIB de 5,4% naquel ano.[1] A pobreza, a corrupción, a vulnerabilidade a desastres naturais e o baixo nivel de educación da súa poboación son os máis serios obstáculos ao crecemento económico.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 31/01/2016. Consultado o 29/5/2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).