Dubstep
Dubstep | |
---|---|
Orixe musical | 2-step garage, breakstep, reggae, dub, grime, drum and bass, techno[1] |
Orixe cultural | Finais de 1990 – comezos de 2000 Londres, Inglaterra |
Instrumentos típicos | secuenciador, sampler, tocadiscos, sintetizador, PC |
Derivados | Future garage, post-dubstep, brostep, trap |
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae.[2] No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.[2][3]
As primeiras mostras de Dubstep foron publicadas no 2001. Tratábase de mesturas instrumentais, escuras e experimentais de producións de 2-step garage, feitas coa intención de incorporar os elementos funky do breakbeat ou os trazos máis escuros do drum and bass no propio 2-step. Estas mesturas aparecían como cara B dos sinxelos de 2-step da época. No 2001, esta e outras variedades de música garage escura comezaron a ser amosadas no club nocturno londiniense Plastic People, nas noites chamadas "Forward" (tamén estilizado como FWD>>), que serían considerablemente influentes para o desenvolvemento do dubstep. O termo "dubstep" como denominación dun xénero musical comezou a empregarse arredor do 2002 por selos discográficos como Big Apple, Ammunition e Tempa, intre no cal as tendencias estilísticas presentes nas mesturas comezaron a facerse máis remarcables e distintivas en relación ó xénero orixinal, o 2-step, así como o grime, son co que nas súas orixes o dubstep tamén gardou unha estreita relación.[4]
Un temperán seguidor do son foi o DJ da emisora BBC Radio 1, John Peel, quen comezou a programalo a partir de 2003. No 2004, o derradeiro ano do seu programa, os seus oíntes votaron a Distance, Digital Mystikz e Plastician (anteriormente coñecido como Plasticman) no seu top 50 do ano.[5] O dubstep comezou a espallarse alén dunha pequena escena local cara a finais de 2005 e comezos de 2006. Unha boa cantidade de páxinas web adicadas ó xénero comezaron a xurdir, axudando ó crecemento da escena.[6] Ó mesmo tempo, o xénero empezou a recibir unha importante cobertura en revistas musicais como The Wire e en publicacións online como Pitchfork Media, que comezou un apartado regular chamado The Month In: Grime/Dubstep. O interese no dubstep medrou dende que a DJ de BBC Radio 1 Mary Anne Hobbs comezara a promocionalo cun programa adicado soamente a este son (titulado "Dubstep Warz") en xaneiro de 2006.[7][8][9]
Cara a finais da década de 2000, o xénero pasou a ter un importante éxito comercial no Reino Unido, aumentando progresivamente o número de sinxelos que entraban nas listas de éxitos de música popular. Os xornalistas e os críticos musicais tamén chamaron a atención sobre a influencia do dubstep sobre o traballo de numerosos artistas de música pop. Nesta época, os produtores comezaron a fusionar elementos do dubstep orixinal con outras influencias, creando xéneros de fusión como o máis lento e experimental post-dubstep.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AllMusic - Dubstep "Absorbed and transfigured elements of techno, drum'n' bass and dub"
- ↑ 2,0 2,1 Reynolds, S.(2012),Energy Flash: A Journey Through Rave Music and Dance Culture, Perseus Books; Reprint edition (5 Jan 2012), pages 511–516, (ISBN 978-1-59376-407-4).
- ↑ The Big Big Sound System Splashdown, New Musical Express, 21 de febreiro de 1981, ISSN 00286362.
- ↑ IMO Records "Hatcha Biography" Arquivado 12 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., IMO Records, Londres, 17 de outubro.
- ↑ "Keeping It Peel: Festive 50s – 2004". BBC Radio One. BBC. Consultado o 27 de agosto de 2012.
- ↑ Wilson, Michael (1 de novembro de 2006). "Bubble and Squeak: Michael Wilson on Dubstep". Artforum International. Consultado o 27 de agosto de 2012.
- ↑ de Wilde, Gervase (14 de outubro de 2006). "Put a Bit of Dub in Your Step". The Daily Telegraph (Londres: Telegraph Media Group). Consultado o 27 de agosto de 2012.
- ↑ O'Connell, Sharon (4 de outubro de 2006). "Dubstep". Time Out London. Time Out Group. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 27 de agosto de 2012.
- ↑ Clark, Martin (16 de novembro de 2006). "The Year in Grime and Dubstep". Pitchfork Media. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dubstep |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- GetDarker Revista onlin con entrevistas, artigos, fotos e vídeos.
- 10 Years of ... DubstepArquivado 19 de abril de 2012 en Wayback Machine. por Drowned in Sound
- The Month In: Grime/Dubstep Columnas de Martin Clark en Pitchfork Media