Saltar ao contido

Dov Gabbay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDov Gabbay
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
EducaciónUniversidade Hebrea de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Director de teseAzriel Levy (pt) Traducir e Michael Rabin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, informático teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford
King's College de Londres
Imperial College London
Universidade Bar-Ilan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoArtur d'Avila Garcez (en) Traducir, Krysia B. Broda (en) Traducir, Mark A. Reynolds (en) Traducir, Claudia Maria Garcia Medeiros Oliveira (en) Traducir, Luís C. Lamb (en) Traducir, Marcelo Finger (pt) Traducir, Robin David Hirsch (en) Traducir, Stefan Schlobach (en) Traducir, Ulle Endriss (en) Traducir, George Metcalfe (en) Traducir, Odinaldo Rodrigues (en) Traducir, Sanjay Modgil (pt) Traducir, Anthony Hunter (en) Traducir, Marcelino Cavalcante Pequeno (en) Traducir, Alessandra Russo (en) Traducir, Gerson Zaverucha (en) Traducir, Sérgio Marcelino (en) Traducir, Amihood Amir (en) Traducir e Pablo Gervás (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX862603

Dov M. Gabbay, nado en Israel o 26 de outubro de 1945, é un filósofo con nacionalidade británica e profesor emérito do King's College de Londres. Gabbay é autor de máis de cincocentos cincuenta traballos de investigación e máis de trinta monografías de investigación centrados na lóxica, informática e a intelixencia artificial. É editor de varias revistas internacionais e de máis de 50 manuais de lóxica, incluíndo o "Handbook of Philosophical Logic", o "Handbook of Logic in Computer Science" e o "Handbook of Artificial Intelligence and Programming Logic", entre outros moitos traballos de referencia en lóxica.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos universitarios na Universidade Hebrea de Xerusalén, comezando por Matemáticas e Física antes de centrarse máis tarde en Matemáticas e Lóxica. A súa tese de mestrado sobre lóxica plurivalente foi seguida dun doutoramento en lóxica non clásica en 1969. En 1970 trasladouse a Stanford onde asumiu o cargo de Dana Scott e aproveitou as oportunidades para ampliar a súa perspectiva como investigador, en particular comezou a traballar as interseccións entre lóxica e linguaxe. En 1975 Gabbay volveu a Israel onde se converteu en beneficiario da cátedra Lady Davis Profesor de Lóxica na Universidade de Bar Ilán. En 1982, visita o Imperial College para traballar con Bob Kowalski en Programación Lóxica, a partir dese encontro a combinación de estudos en lóxica e informática acapara a súa carreira como investigador. O exercicio escalou ata obter a praza de profesor de informática no Imperial College en 1983, onde permaneceu durante 15 anos.

No novo centro académico propuxo que a mellor maneira de aprender sobre a relación entre a lóxica e a informática ou a IA sería colaborar con colegas e producir manuais teóricos como Handbook of Logic in Computer Science (Abramsky et al, 1992) e Logic in AI (Gabbay et al. 1992) As publicacións son valoradas polo traballo de sistematizar e integrar a lóxica contemporánea e todos os seus subdominios, moitas veces interdisciplinares.

Na década dos 90 Dov proseguiu a súa idea central de que non hai unha soa lóxica correcta, senón que hai tantas lóxicas como formas de razoar, culminando coa súa afirmación "Eu son unha lóxica, cada un de nós é unha lóxica". Pero para conectar todos os formalismos resultantes necesítase un marco global, tarefa que abordou desenvolvendo a súa teoría dos Sistemas Dedutivos Etiquetados (Labelled Deductive Systems). Isto conseguiuno no contexto dun período sabático de cinco anos (1992-1997) que pasou, entre outros, na Universidade de Stuttgart e no Instituto Max-Planck de Ciencias da Computación en Saarbrücken.

En 1998, Gabbay uniuse ao King's College de Londres como profesor de Computación, profesor de Filosofía e a cátedra Augustus De Morgan Profesor de Lóxica, como profesor emérito desde 2011. Ademais das cátedras na Universidade de Bar Ilán e no Ashkelon College en Israel, foi profesor visitante desde 2008 na Universidade de Luxemburgo onde aínda colabora co grupo de Razoamento Individual e Colectivo do profesor Leon van der Torre. Un dos seus principais temas científicos nesta fase foron a argumentación e as falacias.

Gabbay estivo activo no plano asociativo cultural e académico, sendo o fundador e presidente de varios congresos e organizacións internacionais vinculadas á lóxica, como FOLLI, a Asociación de Lóxica, Linguaxe e Información ou o Grupo de Interese en Lóxica Pura e Aplicada, a Federación Internacional de Lóxica Computacional e outros. Fundou xunto con Jane Spurr, College Publications, unha editorial académica sen ánimo de lucro.

Adoita citarse a Gabbay en estudos modernos sobre lóxica e filosofía da información:

A distancia de Hamming é unha métrica popular na literatura de Gabbay, como ferramenta para resolver sistemas de modelo baseado en axente.[2]
  1. Springer Entrada na base de datos de Springer
  2. Floridi, Luciano (2019). Oxford, ed. The Logic of Information. p. 134. ISBN 978-0-19-883363-5.