Saltar ao contido

Dorna (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dorna
Bernardino Graña coa revista Dorna
PaísGalicia
LugarIlla de Arousa (1º número); Santiago de Compostela (desde o número 2)
Lingualingua galega
Primeira edición1981
Circulación
ISSN0213-3806
Na rede
http://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=7521 e http://www.usc.es/revistas/index.php/dorna
Dialnet: 7521
editar datos en Wikidata ]

Dorna é unha revista de expresión poética creada no mes de maio do ano 1981 grazas á iniciativa da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A partir do segundo número da publicación, a súa edición pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. A revista conta coa publicación das composicións de diversos escritores e escritoras do panorama literario galego, xa sexan relatos, poemas, críticas ou recensións, tanto de autores e autoras emerxentes coma daqueles e daquelas que contan cunha gran traxectoria ás súas costas.

Consello de Redacción

[editar | editar a fonte]

Dende o ano 2007, e logo de tres anos de ausencia, regresou cun novo director, Ramón Lorenzo Vázquez, e cun novo comité de redacción, formado por David Pobra, Xosé Manuel Salgado, Lorena Souto e Mario Regueira. Despois formaron o comité de redacción Alba Cid e Ismael Ramos.

En outubro de 2022 asumiu a dirección da revista Daniel Chapela.[1] O novo Consello de Redacción da revista está conformado desde setembro de 2023 por María Xesús Nogueira (directora), María Alonso Alonso e Jorge Rodríguez Durán.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]