Disteleoloxía
A disteleoloxía é o punto de vista filosófico que defende que a existencia non ten causa final, é dicir, non ten un sentido último, fin ou propósito. Trátase dun termo moderno inventado e popularizado por Ernst Haeckel[1].
Historia e características
[editar | editar a fonte]A disteleoloxía é unha forma activa e optimista de ateísmo dende o punto de vista da ciencia. Estivo asociada nun principio con Haeckel e os seus seguidores, e hoxe en día está principalmente ligada ás formulacións teóricas de Richard Dawkins, Sam Harris ou Christopher Hitchens.
A filosofía occidental, dende Copérnico, foi avanzando de maneira progresiva cara a unha visión disteleolóxica, dun modo oposto ás perspectivas filosóficas e sobre todo relixiosas tradicionais. Por outra banda, as escolas filosóficas que rexeitan a disteleoloxía son o idealismo alemán (filosofías de Hegel e Schelling), a teoría integral e gran parte das doutrinas promulgadas polos seguidores do principio antrópico.
Tamén se chamou disteleoloxía á liña de razoamento da filosofía da relixión que se opón ao argumento teleolóxico e proclama que discordia, medo e mal no universo, suxiren a inexistencia de Deus ou forza creativa que subxaza, ou que, no caso desta existir sería un ente malevolente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Romanes, George J. (1874-03). "Natural Selection and Dysteleology". Nature.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chisholm, Hugh, ed (1911). Dysteleology. Encyclopædia Britannica (Undécima edición). Cambridge University Press. (en inglés)
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Case for a Creator: Dysteleology Arquivado 10 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., artigo en Daylight Atheism. (en inglés)
- Analogías disteleológicas, artigo de Mario A. López. (en castelán)