Saltar ao contido

Diotima de Mantinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiotima de Mantinea

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoI milenio a. C. Editar o valor en Wikidata
Mantineia, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MorteI milenio a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónProfeta, filósofa Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country Editar o valor en Wikidata

Diotima de Mantinea (grego antigo: Διοτίμα) foi unha filósofa e sacerdotisa grega cun papel importante no Banquete (Symposion) de Platón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A filosofía de Diotima está na orixe do concepto platónico do amor. A única fonte sobre ela é o propio Platón e por iso non é posíbel asegurar se era unha personaxe ou alguén que de feito existise. Non obstante, practicamente todos os personaxes dos diálogos platónicos corresponderan a persoas que vivían na antiga Atenas.

Na obra, hai unha pasaxe sobre o significado do amor. Sócrates é o máis importante de entre os homes presentes. El di que na xuventude foi iniciado na filosofía do amor por Diotima, que era unha sacerdotisa. Diotima ensinoulle a xenealoxía do amor e por iso as ideas de Diotima están na orixe do concepto socrático-platónico do amor.

Segundo Joseph Campbell, "non é por acaso que Sócrates nomea Diotima como aquela que lle deu as instrucións e os métodos máis significativos para amar/falar. A palabra falada por amor é unha palabra que vén das orixes."

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

A súa figura foi recoñecida pola comunidade filosófica feminina Diótima da Universidade de Verona ao se denominar co seu nome.[1][2]

O asteroide (423) Diotima leva o seu nome.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • David M. Halperin: Why Is Diotima a Woman? Platonic Erōs and the Figuration of Gender. In: David M. Halperin u. a. (Hrsg.): Before Sexuality. The Construction of Erotic Experience in the Ancient Greek World. Princeton University Press, Princeton (N.J.) 1990, ISBN 0-691-03538-5, S. 257–308.
  • Kurt Sier: Die Rede der Diotima. Untersuchungen zum platonischen Symposion. Teubner, Stuttgart 1997, ISBN 3-519-07635-7.
  • Jürgen Wippern: Eros und Unsterblichkeit in der Diotima-Rede des Symposions. In: Hellmut Flashar, Konrad Gaiser (Hrsg.): Synusia. Festgabe für Wolfgang Schadewaldt zum 15. März 1965. Neske, Pfullingen 1965, S. 123–159.